star
CULTURA
Belém Tajes publica a súa viaxe musical polos 'sean-nós', os alalás irlandeses
15/xan./21
A música Belém Tajes comparte no seu primeiro libro a súa viaxe pola costa oeste de Irlanda para recoller cantos tradicionais vencellados ao mar, semellantes aos alalás galegos, coñecidos como 'sean-nós'. A modo de caderno de bitácora, 'Cantos do mar de Irlanda', con prólogo de Xurxo Souto, narra a súa experiencia e achega unha escolma das cantigas rexistradas no periplo, que se poden escoitar a través dun código QR.