Ertms

Probas do sistema ERTMS feitas na Galiza en 2021 (Foto: Adif).
SOCIAL

Adif instalará o sistema de seguranza ERTMS 10 anos após o accidente do Alvia

Este sistema de seguranza chega 10 anos após o tráxico accidente do Alvia en Angrois (Compostela) que acabou coa vida de 80 persoas e deixou 140 feridas. Chega tamén na fase final do xuízo por devandito accidente, un xuñizo que pode enviar á cadea tanto o maquinista, Francisco Garzón como o xefe de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte.

O Alvia e o bipartidismo unionista

Angrois: o bipartidismo debe ser investigado

Imaxe de arquivo dun tren de Renfe. (Foto: Europa Press)
Galiza

O Eixo Atlántico tardará aínda máis dun ano en estar dotado de ERTMS

Adif sacou a licitación esta terza feira o contrato para implantar este sistema de seguridade nos tramos Vigo-Compostela e Compostela-A Coruña. O prazo de execución das obras é de 12 meses.

Imaxe de arquivo dun tren de Renfe. (Foto: Europa Press)
SEGURANZA FERROVIARIA

O Eixo Atlántico tardará aínda máis dun ano en estar dotado de ERTMS

Adif sacou a licitación esta terza feira o contrato para implantar este sistema de seguridade nos tramos Vigo-Compostela e Compostela-A Coruña. O prazo de execución das obras é de 12 meses a contar desde a súa adxudicación.

POLÍTICA

A liña Vigo-A Coruña exclúe o ERTMS que tería evitado o sinistro de Angrois

O BNG denunciou esta terza feira, coincidindo coa viaxe inaugural da liña, que o comboio conta co sistema de freado ASFA, o "mesmo", sinalan que o do Alvia sinistrado o 24 de xullo de 2013 en Compostela en cuxo accidente perderon a vida 79 persoas.

Galiza

Máis un perito afirma que se o ERTMS estiver instalado o sinistro de Angrois "nunca tería acontecido"

O enxeñeiro holandés Frans Heijnen cuestiona no seu informe pericial a decisión adoptada por Renfe e Adif de suprimir o sistema de freado automático e salienta "a contradición" existente entre a regulamentación e a "realidade dos elementos da vía".

Tren, angrois, accidente
Galiza

O perito apunta a responsabilidade do ADIF: co ERTMS non tería habido accidente

O Adif modificou en xullo de 2010 o proxecto orixinario da mal chamada alta velocidade galega. Esa decisión trouxo como consecuencia que a infraestrutura ERTMS non chegase á estación de Santiago de Compostela. A súa ausencia na curva de A Grandeira foi determinante na traxedia de Angrois, saldada con 79 mortes.

Tren, angrois, accidente
Galiza

O xuíz tilda de "ilegal e indebida" a decisión de non activar o sistema ERTMS en Angrois

Chama a declarar 23 cargos desta empresa pública en calidade de imputad@s. Entre os nomes están os tres últimos presidentes. Considera que primaron ''outros intereses'' por riba da seguridade na circulación do comboio

Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.
POLÍTICA

Pastor recoñece que ata 2011 contemplábase ERTMS no punto do sinistro

A ministra de Fomento comparece na comisión do Congreso para informar do sinistro ferroviario de Angrois. Anunciou que Fomento auditará toda a rede ferroviaria para revisar as velocidades en todas as vías

Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.
POLÍTICA

O BNG aos presidentes de Adif e Renfe: "Hai présa en sinalar un culpábel" e "houbo présa en inaugurar o tramo"

Os presidentes de Renfe, Julio Gómez-Pomar, e Adif, Gonzalo Ferre, compareceron na comisión de Fomento para falar do sinistro ferroviario de Angrois. Pomar considera "fundamental" ter en conta que a liña non era Alta Velocidade. BNG e IU exixiron comisións de investigación para esclarecer o sinistro

Tren, angrois
Galiza

O presidente de Adif di que "non existen curvas difíciles" e que co ERTMS "o accidente podería terse evitado"

Gonzalo Ferre afirmou que “non existen curvas difíciles” e que a elección do sistema de seguridade nos trens é competencia do operador ferroviario, Renfe.

Galiza

O ERTMS non funciona nos Alvia en ningún tramo do traxecto Ourense-Compostela

ADIF afirma que Renfe non homologou o sistema de freado ERTMS neses 80 quilómetros para os trens de clase Alvia (como o sinistrado) mais si para os Avant que cobren tamén esa liña

Galiza

Adif atribúe a Fomento a decisión de non instalar o sistema de seguridade ERTMS no tramo do sinistro

Foi, por tanto, unha decisión política a que determinou que os catro quilómetros do acceso á estación de comboios de Compostela non contase co preciso sistema propio da alta velocidade. A decisión, segundo o Adif, foi tomada en 2010, cando José Blanco dirixía o departamento

Galiza

Fomento implementou en 2006 o sistema de freado ERTMS, mais non o fixo no tramo do sinistro

Na curva da Grandeira, o tramo onde se produciu o sinistro, a 4 quilómetros da chegada a Compostela, o sistema ERTMS que tería freado o comboio que viña de Ourense deixa de estar operativo, malia que a liña segue a ser de alta velocidade. Porén, o Goberno español ten implementado este dispositivo noutras liñas, como as de cercanías de Madrid