"Os recortes en seguridade, persoal...nunca saen de balde"

O ferrocarril tamén foi obxecto da vaga de 'austeridade' que tomou forma en recortes e máis recortes en eidos como o da seguridade ou o persoal. Desde a CGT, sindicato con importante implantación entre @s traballador@s ferroviari@s, denuncian a situación

Os e as traballadoras do servizo de ferrocarril levan meses de mobilizacións e folgas contra o que entenden que é un proceso de privatización e degradación dun servizo público. Alberto Díaz, da CGT na Coruña, lembra que "os recortes en seguridade ou en cadro de persoal...nunca son de balde". Sobre as causas do sinistro de Angrois, móstrase cauto: "Hai que agardar aos resultados da investigacións. Despois, xa veremos...". Iso si, Díaz, e niso coincide co secretario xeral do sindicato de maquinistas, considera que un accidente desas dimensións "non resposta só a unha causa".

Nesta liña, e sempre incidindo en que son hipóteses e que hai que agardar ao resultado das investigacións, indica que o exceso de velocidade puido ir acompañado doutras circunstancias, "fallos de material ou circunstancias da vía...". 

"Descarrilou polo medio"

Díaz indica que vendo as imaxes do vídeo de seguridade de ADIF que recolle o momento do descarrilamento extráñalle que só por un execso de velocidade o tren "semella que descarrilou polo medio do comboio", e non pola cabeza tractora.

CGT considera que as medidas de recortes e privatizacións, con impacto en aspectos como os da seguridade, nunca son de balde, e teñen consecuencias.

Comentarios