Pastor recoñece que ata abril de 2011 contemplábase ERTMS no punto do sinistro

A ministra de Fomento comparece na comisión do Congreso para informar do sinistro ferroviario de Angrois. Anunciou que Fomento auditará toda a rede ferroviaria para revisar as velocidades en todas as vías

Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.
photo_camera Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.

Ana Pastor sentou na Comisión de Fomento 24 horas despois de que o fixeran os presidentes de Ren fe e Adif. A ministra afirmou que estaba alí “a petición propia”, mais tamén “doutros grupos políticos”, en referencia ao BNG, que pedira a súa comparecencia.

En abril de 2011 variouse a obra para un ancho de vía convencional. Iso implica un cambio de equipamentos, "e provocou que na contorna de santiago o sistema fose ASfa e non ERTMS"

Pastor explicou que en 1999 faise un estudo informativo de trazado da liña de Ourense a Compostela. Había 5 alternativas, elixíndose a C. “Todas contemplaban o mesmo acceso a Compostela”. Houbo 300 alegacións, 14 de institucións. Ningunha, sobre o trazado no punto do accidente, afirma a ministra, ratificando así o dito o día anterior polo presidente de Adif.

Efectos

A ministra recoñece que o proxecto aprobado globalmente en 2009 contemplaba o sistema de seguridade ERTMS en todo o tramo de Ourense a Compostela, tamén no punto da curva da Grandeira, onde tivo o lugar o sinistro.

Pastor sinala que foi en abril de 2011 cando se decidiu cambio de obra polo ancho de vía convencional. E iso implicou un cambio de equipamento. E foi así como se optou polo sistema de seguridade Asfa para uns quilómetros antes da estación de Compostela no canto do ERTMS previsto inicialmente.

A oposición reitera que fan falla máis explicacións

A deputada do BNG, Rosana Pérez, iniciou a súa quenda de intervención na comisión de Fomeento lembrando o tamén tráxico accidente do metro de Valencia. "Tamén alí, desde o principio, sinalouse como causa a alta velocidade e ao maquinista, ocultándose datos". E agora, anos despois, a fiscalía reabre o caso ante as evidencias de neglixencias e erros.

Pérez considera que nin os presidentes de Adif e Renfe nin a ministra Ana Pastor deron explicacións convivencentes que axuden a esclarecer o acontecido o 24 de xullo en Angrois. Apostou pola creación dunha comisión de investigación.  "Como por si só un erro humano pode causar unha traxeida tal nun sistema ferroviario cunhas medidas de seguridade que agora se cuestionan desde moitos ámbitos?"

Atentado

A parlamentar do BNG lamenta que o Estado español esté a tratar a Galiza "coma un menor de idade" no que atinxe o sinistro, alén de criticar que o delegado do goberno "fose o primeiro en falar dun atentado" e mantivese este argumento mesmo cando Interior o descartou".

Comentarios