sábado 29/01/22

A liña Vigo-A Coruña exclúe de entrada o ERTMS que tería evitado o sinistro de Angrois

O BNG denunciou esta terza feira, coincidindo coa viaxe inaugural da liña, que o comboio conta co sistema de freado ASFA, o "mesmo", sinalan que o do Alvia sinistrado o 24 de xullo de 2013 en Compostela en cuxo accidente perderon a vida 79 persoas.

As propostas de infraestruturas nos programas

En comparecencia de imprensa as deputadas da organización frontista, Ana Pontón e Rosana Pérez, calificaron de "escandalosa" a actitude do Ministerio de Fomento en relación coa seguridade ferroviaria, "sobre todo en Galiza", sinalan. 

E é que o comboio estreado esta terza feira pola ministra de Fomento, o presidente da Xunta e os alcaldes da Coruña, Vigo e Compostela, só contará até o momento co sistema de freado ASFA e non co mecanismo europeo ERTMS. Un sistema máis avanzado que bloquea automaticamente o tren en caso de que exista risco de accidente. Neste senso, non se sabe con precisión cando podería instalarse. 

En Galiza, sinalou Pontón en relación ao ASFA, "desgraciadamente coñecemos ben as súas consecuencias" polo que denunciou que, de novo, se use este mecanismo e non o de freado automático. 

Ana Pontón denunciou as "consecuencias" que "desgraciadamente coñecemos" do sistema ASFA perante un accidente

Na súa comparecencia, ambas as dúas parlamentares criticaron tamén o uso "partidista" e "electoralista" da liña Vigo-Coruña, un comboio "híbrido" que non é alta velocidade e do que se descoñece "cando se vai pór en servizo", subliñou Ana Pontón. 

Perda de servizos interiores

Pola súa banda, a deputada nas Cortes españolas, Rosana Pérez, asegurou que este comboio chega "15 anos despois" de se iniciaren as obras que conectarían o país con Portugal através do eixo atlántico. Un feito que "non lle saíu gratis" a Galiza pois supuxo, denunciou, a "perda" de conexións interiores e a supresión de servizos como o FEVE entre Ferrol, A Mariña e Asturies. 

Desde 2013, lembrou Pérez, o número de servizos reduciuse de "560 semanais a 480", sendo que en liñas como a de Ferrol e A Coruña o número descendeu de 66 a 42. 

Aliás, foron suprimidas medio cento de estacións intermedias e liquidadas conexións da Galiza interior onde, aliás, a conexión ferroviaria anunciada entre Ourense e Lugo "continúa paralizada". 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A liña Vigo-A Coruña exclúe de entrada o ERTMS que tería evitado o sinistro de Angrois
comentarios