Cuestión de Estado: Angrois non pode ser accidente de AVE

PP e PSOE queren que a traxedia de Angrois non salpique a alta velocidade. En xogo, substanciosos contratos a nível mundial. Un exemplo, Brasil, cuxo megacontrato de 13.000 millóns de euros para construír a súa alta velocidade ten unha cláusula para aspirantes: Non puideron ter un accidente fatal nos últimos 5 anos

Dó na estación de Ferrol. Foto: Suso Pazos
photo_camera Dó na estación de Ferrol. Foto: Suso Pazos

O interese de Estado é que o AVE non se vexa prexudicado polo sinistro de Angrois. Hai moito en xogo. Empresas españolas optan ao megacontrato de 13 mil millóns de euros para construír e xestionar o corredor de alta velocidade de Río de Janeiro-Sao Paulo-Campinhas. E entre as condicións que Brasil exixe os aspirantes a esta obra está  que non tivesen un "accidente fatal" nos últimos 5 anos.

Hai pánico polo goberno español e o consorcio de empresas a perder o pastel brasileiro. A liña Ourense-Compostela vendeuse na súa inuaguración en decembro de 2011 como AVE por Fomento, Adif e Renfe. Agora as tres manobran para que o descarrilamento de Compostela sexa considerado pola Unión Internacional de Ferrocarrís (máximo órgano do sector) un "accidente nunha liña convencional mellorada".

E no medio do esperpento, BNG e AGE tentan que se esclareza o acontecido naquel 24 de xullo. Por que sucedeu e se puido ser evitado.

Declaran os presidentes de Renfe e Adif

O presidente de Renfe, Julio Gómez Pomar mais o de ADIF, Gonzalo Ferre Moltó declararán hoxe no Congreso para dar a súa versión do accidente do Alvia en Angrois. Terán que explicar as razóns de que non estivera aplicado ningún sistema de seguridade que freara o tren diante dun fallo humano e as medidas que se adoptaron despois do sinistro. As investigacións apuntan a que cun sistema de freado automático como o ERTMS o accidente teriase evitado. Mañá tocaralle o turno a Ana Pastor. 

BNG e Izquierda Plural pedirán que se investigue o sinistro e que se depuren responsabilidades. 

Máis información no Sermos Galiza nº59

Comentarios