star
TRABALLO
Cales son as claves da reforma do subsidio por desemprego que aprobou o Executivo estatal?
19/dec./23
O Ministerio español de Asuntos Económicos liderado por Nadia Calviño e o de Traballo comandado por Yolanda Díaz foron quen de superar as súas diferenzas e atender o requirimento da UE de aprobar a reforma do subsidio por desemprego antes de fin de ano. As persoas menores de 45 anos sen cargas familiares poderán optar a recibir as axudas non contributivas para persoas no paro dun subsidio por desemprego que chegará a 570 euros nos seis primeiros meses.
star
TRABALLO
A CIG propón que as prestacións e os subsidios por desemprego nunca sexan menores ao salario mínimo
18/dec./23
A CIG alertou esta segunda feira en rolda de prensa sobre unhas reformas das prestacións e subsidios por desemprego que "incidirán na precarización". En contraposición, o sindicato apostou por reformas legais que permitan "restituír dereitos" da clase traballadora. O sindicato nacionalista aposta por aumentar o salario mínimo até os 1.253 euros en 14 pagas.
TRABALLO
A fenda salarial, lonxe de reducirse, medra na Galiza: as mulleres xa cobran 4.519 euros menos que os homes
15/dec./23
Por outra parte, o IGE publica esta sexta feira unha serie de datos que evidencian que Galiza só conta cunha afiliado menor de 40 anos á Seguridade Social por cada dous maiores desa idade.
Consello da Xunta
A Xunta convoca estas 2.335 prazas de oposicións para Educación, Xunta, Inspección Sanitaria e CRTVG
14/dec./23
Rueda informou de que se volverá permitir, por segundo ano, a cobertura de prazas de difícil cobertura polo sistema de concurso en Sanidade. A lista dos médicos que cubrirán estas prazas publicarase no DOG esta sexta feira.
TRABALLO
Fandicosta quere ampliar o preconcurso de acredores até o vindeiro 13 de abril
13/dec./23
Os sindicatos demandan á Xunta transparencia e implicación no proceso.
star
ECONOMÍA
O tecido empresarial galego perde peso de forma continua: o número de empresas con persoal contratado caeu 8% desde 2008
13/dec./23
O Consello Económico e Social presentou esta cuarta feira o informe 'Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada', no que alerta da caída do número de compañías galegas que teñen persoal contratado con respecto ao Estado español.
star
Industria
Fonda preocupación polo futuro de Alcoa en San Cibrao: a multinacional ve "insostíbeis" as condicións para continuar
12/dec./23
A Xunta da Galiza e Alcoa reuníronse esta segunda feira para analizar a situación da factoría de aluminio de San Cibrao (Cervo, A Mariña). A xuntanza decorreu tan só catro días antes dun encontro da comisión de seguimento do acordo de viabilidade da fábrica. A preocupación polo futuro do complexo é máxima.
star
TRABALLO
Sen acordo para a alza do salario mínimo: CCOO e UXT critican que o Ministerio asuma a proposta da patronal
11/dec./23
Mentres a CIG demanda que o salario mínimo se estipule en 1.253 euros ao mes en 14 pagamentos para cumprir coa Carta Social Europea, que marca que esta cantidade debe ser 60% do salario medio, e UXT se une a esta reivindicación, CCOO pide incrementar o SMI 5%. Porén, a proposta do Ministerio de Traballo, liderado por Yolanda Díaz, é situar a alza en 4%, unha aposta pola que os sindicatos acusaron a ministra de aliñarse coa patronal estatal.
star
TRABALLO
A mocidade de 16 a 34 anos representa 16,8% da poboación... e até 36,2% das persoas desempregadas
08/dec./23
A mocidade é a gran prexudicada do proceso de crise aberto tras a coñecida como Gran Recesión, iniciada en 2018 e agudizada tras a pandemia e a alza de prezos. Os niveis de ocupación das mozas e mozos continúan por baixo de 2009 e os salarios son inferiores aos do ano 2006. A tendencia semella lonxe de reverterse.
star
Análise
A propósito da sostibilidade e do berberecho de Noia
24/nov./23
Ángeles Piñeiro, é profesora do Departamento de Xeografía da USC.
TRABALLO
As Pontes non se rende: unhas 2.000 persoas toman as rúas exixindo unha "transición xusta" e un futuro con emprego e industria
23/nov./23
Seguimento "masivo" en todos os sectores da folga xeral convocada hoxe no municipio para reverter a caída do emprego, afirman desde a CIG.
TRABALLO
A patronal propón agora subir o SMI até os 1.145 euros após insistir en que pasar de 1.000 destruiría empregos
22/nov./23
A CEOE abordou a suba do SMI na súa Xunta Directiva desta cuarta feira ante a "inminente" convocatoria aos axentes sociais que vai realizar o Ministerio de Traballo e Economía Social para abordar a súa actualización, tal e como avanzou a ministra Yolanda Díaz.
TRABALLO
As traballadoras da limpeza proseguen a súa loita após 37 días de folga: "Non imos cansar e menos recuar"
21/nov./23
Das 1.800 traballadoras e traballadores que se ocupan desta actividade en Lugo, 95% son mulleres. Adoecen dunha alta parcialidade e teñen as categorías máis baixas do convenio.
star
TRABALLO
O devalo demográfico e a caída do emprego levan As Pontes á folga xeral: "A situación é preocupante e merece unha resposta"
21/nov./23
Entre as 11 e as 15 horas desta quinta feira, As Pontes, na comarca do Eume, vivirá unha folga xeral. A CIG, central sindical convocante, sinala que este municipio "está nunha situación límite". A localidade perdeu desde 2007 até 2022 un total de 1.557 habitantes.
TRABALLO
Cales son as cidades galegas con maior incremento de afiliacións á Seguridade Social?
15/nov./23
Máis de 73% das persoas traballadoras pertencen ao sector servizos.
Xustiza
Sentenza pioneira do TSXG: os traballadores homes terán permisos retribuídos para as clases de preparación ao parto
14/nov./23
"A propia redacción das normas non exclúe os traballadores pais e demais persoas non xestantes, pois, mentres que obviamente estes non poden ser sometidos a permisos prenatais, si poden asistir ás técnicas de preparación ao parto", subliña o alto tribunal galego.
TRABALLO
O Estado reformará as axudas aos parados de longa duración
13/nov./23
O Executivo español pactou esta medida coa Unión Europea.
TRABALLO
85% dos traballadores realizan “sempre” tarefas repetitivas no seu emprego
12/nov./23
As variacións entre os traballos segundo o nivel de estudos ou formación, non implica grandes variacións, segundo a Enquisa de Poboación Activa.