O Concello de Pontevedra oferta 49 prazas de emprego público e Lugo sacará a concurso 36 postos de traballo

As dúas cidades aumentan o seu cadro de persoal municipal.
Miguel Anxo Fernández Lores en rolda de prensa (Foto: Concello de Pontevedra)
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores en rolda de prensa (Foto: Concello de Pontevedra)

O Concello de Pontevedra aprobou a nova oferta de emprego público de 2023 cun total de 49 prazas, o que supón 10% dos traballadores e traballadoras desta Administración local.

O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta terza feira para dar conta da Xunta de Goberno Local decorrida á primeira hora da mañá e na que este era o asunto máis importante da orde do día.

Lores enmarcou esta oferta de emprego "na liña de traballo prioritario de mellorar o funcionamento da Administración neste novo mandato", á vez que "se actualiza e moderniza".

Desta oferta de 49 prazas, unhas 19 serán de promoción interna e as outras 30 de convocatoria libre (das que dúas están reservadas para persoas con discapacidade xeral e unha de discapacidade intelectual).

Ademais, o Concello de Lugo avanzou esta segunda feira que aprobará esta cuarta feira na Xunta de Goberno Local a Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2023, que incluirá a convocatoria dun total de 36 prazas, a 28 delas poderase acceder a través de concurso de oposición libre e as oito restantes serán de promoción interna.

Comentarios