A literatura galega e internacional protagoniza o festival FLAZ de Allariz
Emma Pedreira: "Os libros son como unha vitamina que pode axudar a que te reconcilies co mundo"
Desde a xenerosidade de quen partilla unha especie de tesouro, un ben prezado. Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno, 2021), de Emma Pedreira, é un convite a outros mundos. É a listaxe dunha bibliófila declarada. As historias (anécdotas, reflexións, confesións) dunha lectora voraz. Dunha escritora voraz. É tamén un "ensaio que percorre a vida dunha bibliópata", ou quizais un "kit anticatástrofe".
Xela Arias desde a intimidade da palabra
Palavra em acovilho
Charla a tres bandas con Xela Arias, Emma Pedreira e Laura Romero
A escritora e o que está fóra
Lugares pechados
«Besta do seu sangue», de Emma Pedreira, premiado co San Clemente
"O máis perigoso das escritoras é xuntarnos"
Emma Pedreira narra "íntima e feroz" as encrucilladas das mulleres
“Mamá morrerá mañá”. Así, directa e brutal, comeza As fauces feroces, a última novela de Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Nova mostra de narrativa fragmentada, expresión reducida e apertura poética, o libro, di a editorial, “entre a ficción e a realidade histórica, enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma”.
'O des-en-freo', un documental sobre a poeta Emma Pedreira
A súa extensa e influínte obra poética comezou hai 20 anos con Diario bautismal dunha anarquista morta e chega a Antídoto (2018). Narradora premiada -vén de gañar o Jules Verne de literatura xuvenil-, Emma Pedreira (A Coruña, 1978) e agora obxecto de O des-en-freo, un documental de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro.
O oblicuo álbum familiar da poeta Emma Pedreira
O avó da poeta Emma Pedreira era fotógrafo. O seu estudo na rúa Rego de Auga, no corazón da Coruña, recollía esa parte privada da memoria da comunidade que eran as imaxes. Vicente Lombardía morreu en 1997, anos despois de pechar a oficina e de destruír e regalar unha gran porción do seu traballo. Agás unha caixa de cartón descuberta pola familia.
Fradegunda e o voo do pergameo…
A escritora Emma Pedreira e o escritor Héitor Picallo resgatan para Sermos Galiza a historia do pergameo de Fradegunda, que cumpriu 1.120 anos e que tras un periplo polo país foi parar ao Arquivo Histórico Universitario de Compostela.
Xerais vístese de longo para celebrar os seus premios
Os Premios Xerais encetaron unha nova etapa este sábado no Museo do Mar, en Vigo, coincidindo coa estrea de Fran Alonso como director da editorial. Un acto en que estivo presente unha nutrida representación da cultura galega e onde se homenaxeou Emma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro.
Emma Pedreira, novela, Carlos Negro, literatura xuvenil, e Héctor Cajaraville, infantil, gañan o Xerais
A entrega dos galardóns -dotados cada un deles con 10.000 euros-, axendada para o mes de outubro.
Lupe Gómez e Emma Pedreira, premios da Crítica española en lingua galega
Os textos gañadores para a literatura galega foron ‘Camuflaxe’ de Lupe Gómez (Chan da Pólvora) e ‘Bibliópatas e fobólogos’ de Emma Pedreira (Galaxia), propostos pola Asociación Galega da Crítica.
Plaxian desde Perú un poema de Emma Pedreira por segunda vez
A poeta coruñesa Emma Pedreira vén de sufrir por segunda vez un plaxio dun poema seu, titulado 'Carta de amor en serie Be', por parte dunha parella peruana que xa foi denunciada en múltiples ocasións pola mesma cuestión.
“A estética pola estética non me interesa”
A filóloga Emma Pedreira (A Coruña, 1978) vén de engrosar a extensa nómina de recoñecementos no seu haber co premio internacional Jovellanos ao mellor poema do mundo por Lista da compra da viúva e publicou recentemente Bibliópatas e fobólogos (Galaxia). Nesta conversa, considérase unha poeta social e cuestiona a estética pola estética, “se a poesía non ten compromiso, non vale para nada”. Entrevistámola no Sermos Galiza 242. Aquí un extracto.