A Garda Civil comeza os interrogatorios sobre o carreto de votos en Riotorto

A Garda Civil inicia as investigacións sobre o carreto de votos por correo de persoas con demencia por parte do Partido Popular. O BNG reclama que se impida a participación das persoas con demencia que solicitaron votar por correo. 

Federico Estoa
photo_camera Federico Gutiérrez Estoa

O caso do carreto de votos do PP en Riotorto dá un paso adiante ao se abriren dilixencias informativas, feito que conduciu a que a Garda Civil do posto de A Pontenova iniciara a investigación poñéndose en contacto con varias persoas implicadas nos feitos. 

A investigación prodúcese despois da denuncia presentada polo BNG na que se acusaba ao PP do carreto de votos no que estaría implicado o candidato en Riotorto, Clemente Iglesias González, feitos que chegaron ao grupo nacionalista por parte da veciñanza. En concreto, alén doutras actuacións, a acusación centrábase no amaño, por parte de Clemente Iglesias xunto con outro candidato o PP do voto de dúas veciñas de Riotorto que residen nun xeriátrico fóra do concello. Con ese motivo, as veciñas terían sido, segundo distintas fontes, trasladadas en coche a oficina de correos para executar o trámite para participación nas eleccións municipais. 

O BNG reclama tamén a investigación sobre as actuacións do candidato do PP na xestión do vogo por correo de veciños de Riotorto desde o concello de Ribadeo co fin de que exerceran o voto saltando os pasos requeridos pola lei electoral. 

Eliminar votos manipulados 

Ao tempo que se está a desenvolver a investigación, para o que serán citadas distintas testemuñas, o BNG presenta hoxe un escrito diante da Xunta Electoral de Mondoñedo no que se solicita que se impida o voto ás persoas.que o solicitaron por correo das que se sabe certo que se atopan en estado de demencia, como constaría na certificación médica que se adxunta ao voto.

Comentarios