O PCPG pide o voto para o BNG-Asembleas Abertas

O Partido Comunista do Pobo Galego solicita o voto nas vindeiras eleccións municipais do 24 de maio para as candidaturas do BNG-Asembleas Abertas, segundo vén de facer público a través dun comunicado. 

“Consideramos ao BNG-Asembleas Abertas como a forza que mellor representa os intereses e aspiracións do noso povo traballador” sinalan desde o PCPG ao tempo que expresan a súa confianza  en que “acae o éxito para conseguirmos novos espazos de poder  popular local-democrático e de afirmación nacional cos que mellor defendernos dos plans anti-sociais e anti-galegos que serven os intereses do capital monopolista éa financeiro”. 

No seu comunicado, mostran a necesidade de se enfrontar a organizacións corruptas así como ao “confusionismo divisionista á moda conciliador e servidor obxectivo do réxime que nos asoballa”. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios