Axenda para o 16 de maio

BNG

12,00 horas. Palco da Música en Ribeira. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, participa nun acto simbólico de mocidade.

19,30 horas. Praza Maior de Allariz. Vence participará no mitin do BNG-Asambleas Abertas.

PPdeG

10,30 horas. No Mirador da Avenida Pontevedra en Portonovo. As ministras de Fomento, Ana Pastor, e Agricultura, Isabel Tejerina, acompañan o candidato local, Telmo Martín. 

11,00 horas. Restaurante A Casilla en Guitiriz. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervirá no mitin co presidente provincial, José Manuel Barreiro.

PSdeG

10.40 horas. Rúa Nova en Lugo. O secretario xeral do PsdeG, participa nun pase co candidato José López Orozco.

18,00 horas. Salón Peña en Vilagarcía de Arousa. Besteiro intervirá no mitin co candidato Alberto Varela. 

Mareas

12,30 horas. Na Praza do Concello de Toén (Ourense). O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, participa nun mitin. 

No local social de Compostela Aberta en Santiago. A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, participa xunto a Martiño Noriega no ‘Ciclo Conversas Abertas’.

Compromiso por Galicia

17,30 horas. En Maceda. O secretario xeral, Xoán Bascuas, participa nun acto co candidato á reelección, Xabier Oviedo.

20,00 horas. En Muros. Acompañará a María Xosé Alfonso nun acto. 

Comentarios