Axenda para o 19 de maio

 

BNG

Toca Vigo, 12 horas, o portavoz nacional, Xavier Vence, apresenta, na compaña do candidato, Serafín Otero, as propostas para recuperar o litoral e o areal de Samil. 

O mitin central será en Ferrol, ás 20 horas, no Centro Carvalho Calero.

PSdeG-PSOE

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, visitará ás 8.30 horas o polígono de O Ceao, en Lugo, na compaña do candidato López Orozco; 12.15 horas, encontro coa imprensa en Barbadás; 14 horas, xantar co candidato de Amoeiro.

O mitin central será as 20.30 en Pontevedra, na Praza da Peregrina.

PP

Feijóo estará en Gondomar, por volta das 13 horas, na compaña do presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, formato paseo polo concello.

Feijóo mitineará por partida dupla: 20 horas en Lugo e 21 horas en Ferrol (hora de comezo do mitin, non da intervención do presidente do PPdeG).

Mareas

Mitin en Vigo do candidato da Marea, Rubén Pérez, ás 20.30 horas, no auditorio municipal.

Compromiso

Acto político en Pontevedra, na Residencia de Estudiantes, ás 20.30 horas, co secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas.

Comentarios