BNG
12,15 horas. Praza do Campo, en Lugo. O portavoz nacional do BNG-Asambleas Abertas, Xavier Vence, acompaña o candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo, nunha visita o barrio da Tinería.
21,00 horas. Pazo da Cultura, en Carballo. Vence participa no mitin da candidatura da candidatura local do BNG-Asambleas Abertas, encabezada por Evencio Ferrero.
PPdeG
13,00 horas. Casa da Cultura, en Meira. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén no mitin xunto ao líder popular en Lugo, José Manuel Barreiro.
19,30 horas. Restaurante Don Manuel, en Monforte. Núñez Feijóo participa nun mitin co conselleiro de Economía, Francisco Conde, e xunto a candidata, Julia Rodríguez.
PSdeG
12,00 horas. A Guarda. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visita o museo e o Castelo de Santa Cruz co candidato socialista Antonio Lomba.
20,30 horas. Centro Santa Marta, en Santiago de Compostela. Besteiro acude ao mitin o cabeza de lista, Paco Reyes.
Compromiso por Galicia
17,00 horas. Casa de Díaz Castro, en Guitiriz. O secretario xeral, Xoán Bascuas, participa nun acto xunto a candidata da formación Ana Broz.
Mareas
20,00 horas. A Coruña, Encontro Aberto no Castrillón, no colexio Fernández Latorre. Con Xulio Ferreiro, candidato á alcaldía.
Movimiento Red
17,00 horas. Restaurante Peregrinos, en Vigo. O líder de Movimiento Red, Elpidio Silva, dará un paseo coa candidatura na rúa Príncioe e despois un mitin no restaurante.