ciencia ficción

A escritora Andrea Maceiras ten máis dunha ducia de obras dirixidas ao público infantil. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Andrea Maceiras: "A calma non sempre é a emoción necesaria, precisamos todas as outras para ter vida plena"

Andrea Maceiras (A Couña, 1987) é a autora de 'Burbullas de calma serena', unha obra infantil editada por Cuarto de Inverno e que mestura a educación emocional con elementos propios da ciencia ficción, como os extraterrestres.
Un mundo fantástico cheo de seres estraños.
star
Cinema

Un mundo infernal

Crítica do filme 'Dungeons & Dragons: honor entre ladróns'.
O robot que pasa de estado sólido a líquido (Foto: WANG AND PAN ET AL).
SOCIAL

VÍDEO | Inventan un robot que pasa de estado sólido a líquido para atravesar reixas

O equipo creou o novo material de cambio de fase (denominado "máquina magnetoactiva de transición de fase sólido-líquido") incrustando partículas magnéticas en galio, un metal cun punto de fusión moi baixo (29,8 °C).
Boadicea Editora nace da man de Marcos López, Alba Rozas e José Manuel Dopazo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Alba Rozas: "Estamos nun momento de pulo e de revalorización da fantasía e da ciencia ficción"

Alba Rozas, filóloga, é unha das fundadoras de Boadicea Editora, que se centra na fantasía, a ciencia ficción e o medo a través de obras orixinais e traducións ao galego da produción europea, asiática e anglosaxoa. Rozas aborda o nacemento do proxecto así como a complexidade dos procesos que hai arredor das publicacións, mais que, como di ela, “paga a pena porque é unha aposta pola calidade”.
Logan Marshall-Green nunha escena de 'Upgrade'.
star
Cinema: 'Upgrade', de Leigh Whannell

Tecnoloxía-ficción

Lugares comúns e algún que outro buraco de guión, pero o filme funciona e déixase ver con moito agrado, en parte, e sobre todo, polas espectaculares escenas de acción, excelentes de coreografía e cunha realización que combina moi ben secuencias longas cunha montaxe eficaz.
Obras de Tolkien en edición portuguesa. (Foto: Patricia Oliveira)
Análise

Aneis e dragóns

O final do verán veu acompañado de novas series televisivas ambientadas nas dúas sagas máis relevantes diso que se deu en chamar fantasía épica.
Desta vez o sanguinario extraterrestre enfróntase 
a unha moza comanche de 1719.
star
Cinema: 'Depredador: A presa', de Dan Trachtenberg

Ciencia ficción con lectura feminista

O Depredador de 1987 é insuperábel, pero estamos ante un produto de aventuras e ciencia-ficción impecábel á altura de Depredador 2 que ademais propón novos escenarios e épocas que poden dar renda solta á centos de alternativas.
Jorge Emilio Bóveda.
star
'Anoitece en Vulgaria', de Jorge Emilio Bóveda

As humanidades na distopía

A espectacularización da vida persoal, a dependencia de mecenas privados e os seus caprichos, ou o ambiente cainita que acompaña toda reunión de artistas son algunhas das cuestións coas que se atopa o protagonista e que permiten que Bóveda afine unha ollada que vai da ironía á unha dura aínda que sutil crítica social. 
O actor galego Fran Lareu nunha escena do filme.
star
Cine:'Tres', de Juanjo Giménez

Ciencia ficción conceptual

Unha brillante e arriscada proposta de ciencia ficción conceptual e cotiá sen efectos visuais, pero si efectos sonoros.

Cobiza

Cartel promocional do evento. (Foto: GFFF) #galicianfreakyfilmfestival #promoción #lugo
CULTURA

O Galician Freaky Films Festival quece motores para a fin de semana

A organización leva 10 curtametraxes premiadas na pasada edición ás salas Codex da cidade de Lugo. Será a antesala promocional ao evento principal, que decorrerá en Vigo do 29 de setembro ao 2 de outubro.
Cartaz de 'Reminiscencia'.
star
Cinema: 'Reminiscencia', de Lisa Joy

Mestura cinéfila

Reminiscencia mestura ciencia ficción, thriller de acción e cine negro, co apolíneo Hugh Jackman como cabeza de cartel
Capa de 'As probas do mago'. (Foto: Iago Torres París)
star
Contos Estraños

Novelas de fantasía para a mocidade: unha aposta para fomentar a lectura

"A miña primeira novela de..." trae catro títulos como froito dun proceso de micromecenado, centrados en introducir as persoas lectoras non iniciadas en xéneros como a ciencia ficción, a fantasía épica ou o salvaxe oeste. A existencia de obras adaptadas para este público é fundamental para evitar que se teña que acceder a estes relatos, aínda non amplamente estendidos nas letras galegas, a través doutras linguas.
Representación de 'O mel non caduca', da compañía Ibuprofeno Teatro.
star
Reportaxes

GZ-distópica: futuros que falan do presente

O virus espandiuse rapidamente. Cando se declarou o estado de alarma, a cousa tornou seria. Recluídas nas súas casas, debían saír para o mínimo imprescindíbel. Evitar o contacto, illarse, baixo a promesa do ben común… Hai uns meses, estas liñas ben poderían ser tiradas, coa venia da miña prosa, dunha novela de ciencia ficción. Mais hoxe, semella que chegou a distopía. Catastrofismos á parte, adentrámonos nos universos distópicos das creadoras galegas para, diseccionando o propio concepto, rastrexar o presente que agocha e constitúe a cerna da propia distopía.

394 Libros
star
Libros

O cotián e as marabillas

Aciencia ficción é o primeiro que lle vén á mente ao lectorado galego ao mencionar a Ramón Caride. 
É un novo día en Mossy Bottom. (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

Encontros na certeira granxa

Nestes meses de confinamento, entre outras cousas, volvinme un pouco seriéfilo; e todo grazas á miña filla. Varias tempadas de Peppa Pig, d’A ovella Shaun, de Simon, Masha e o oso, O pequeno reino de Ben e Holly, Puffin Rock ou Pocoyó. Certamente series bastante entretidas e unha boa proba de lume para coñecer os meus límites para aturar cancións infantís nos miolos durante todo o día e, co tempo, até cantaruxalas.
unnamed
star
Cinema

Ripley, a primeira grande heroína de acción

É o 40 aniversario dunha das obras mestras da ciencia ficción, terror e cinema en xeral. Desde logo para min é a mellor. Con maiúsculas. O meu filme de cabeceira. Seguido moi de perto, iso si, por Blade Runner. Así que, era obvio que tiña que estar neste número cero do suplemento de Nós Diario.
Lía e Fiz, dous dos protagonistas de 'Amnesia 3.0'
CULTURA

Amnesia 3.0, unha ruta dixital nunha sociedade futura sen rastro de pasado

Irene Pin, Iria Iglesias e Natalia Porca son as creadoras da primeira web serie interactiva de ciencia ficción rodada na Galiza. "Para facer ciencia ficción non precisas grandes efectos especiais, o que atrapa dun universo de ciencia ficción é a historia", asegura Pin, creadora do universo distópico do proxecto.
imaxe blade runner
Primeira tradución de Philip K. Dick

A novela que inspirou 'Blade Runner' publícase en galego

Aínda que en vida non foi un escritor excesivamente recoñecido, sobre todo en comparación coa súa fama póstuma, Philip K. Dick é un dos autores máis influentes na literatura contemporánea de varias linguas. A súa ciencia ficción paranoide con recado humanista, político, chega agora ao galego coa tradución de Soñan os androides con ovellas eléctricas?, a novela que inspirou o filme Blade Runner (1982).

planeta dos simios
A distopía clásica de Boulle, en galego

Os simios dominarán o mundo

A imaxe é icónica. Charlton Heston cae axeonllado nunha praia perante os restos da estatua da Liberdade. A civilización occidental tal e como a coñecía extinguírase baixo o dominio dos primates. O planeta dos simios, filme emblemático da ciencia ficción máis asequíbel, estreouse en 1968 e dirixiuno Franklin J. Schaffner. De fondo, a novela distópica de Pierre Boule que agora Faktoría K publica en galego.