A castaña galega, cada vez máis apreciada e demandada, ten xa presenza en 30 países
Comercialízanse entre 15 e 20 millóns de quilos todas as campañas
Comercialízanse entre 15 e 20 millóns de quilos todas as campañas
O novo número do suplemento Gozar, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, trae unha chea de ideas para preparar na casa co produto estrela do outono galego: a castaña. ‘Elas, as mulleres do mar’, da chef Lucía Freitas, é un artigo que rende homenaxe ás mariscadoras galegas e ás amas xaponesas que manteñen a tradición destes países. O Ratiño, una xoia dos viños brancos galegos, ou o proxecto Roteirríos de ADEGA que une ríos e persoas, son outras das información que atoparás, nun Gozar en que conversamos con Catuxa Irago, do emblemático Pub Avante de Compostela.
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-O Courel busca pequenos proxectos que revirtan o cada vez máis evidente descenso da poboación nesa zona. Contan co paraugas internacional de ter o único xeoparque galego e un orzamento ao que poden acceder sen moitas esixencias burocráticas.
Adóitase asociar ao outono, mais a castaña ofrece múltiples posibilidades no mercado de transformación que permiten desestacionalizar un froito que, despois de décadas deostado, goza agora de protagonismo na cociña. Os beneficios da castaña galega, que é recoñecida fóra da Galiza, van alén do económico, ao favorecer o asentamento da poboación no rural e ao contribuír a un monte ordenado. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 330 de Sermos Galiza.
Os traballos comunais do agro recupéranse con festas no rural. Esta fin de semana, vólvese cocer o pan no forno comunal na adela de Pereira, en Bande, mentres no Courel xúntanse para a pisa da castaña.