As candidaturas de PP, PSdeG e BNG abranguen a práctica totalidade dos concellos
A poucas horas de que o BOE publique oficialmente as candidaturas rexistradas para as eleccións municipais, o PP conta con listas na totalidade dos concellos galegos, seguido de perto polo PSdeG e polo BNG, que conta con 245 candidaturas en toda Galiza. Listas nacidas do antigo espazo de confluencia das mareas competirán entre elas en máis dunha vintena de localidades. Ciudadanos presenta ao redor de 80 e Compromiso, 43.