cancro

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol, asinando o acordo de colaboración nesta cuarta feira (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

O CHUS participará nun ensaio clínico de terapia celular avanzada para pacientes con linfoma

O Sergas asina un convenio de colaboración co Hospital Clínic catalán destinado a tratar doentes con menos de seis meses de esperanza de vida.
A matemática Ana López Cheda. (Foto: Cedida) #analópezcheda #estatística #investigación #udc #premio #supervivencia #modelosdesupervivencia #cancro #covid19
Ana López Cheda é doutora en Estatística

Ana López Cheda: "O modelo de supervivencia serve para adiantarse á diagnose dunha doenza"

A experta en Estatística Ana López Cheda vén de recibir o recoñecemento ao seu traballo no estudo da afección do cancro colorrectal a través dos datos. Tamén tivo oportunidade de estimar a demanda de camas hospitalarias pola Covid-19. Na entrevista, pide unha maior estabilidade na investigación. 
Rafael Fernández Leiro é biólogo e investigador en estrutura molecular.
SOCIAL

Rafael Fernández Leiro: "A investigación básica é esencial e ten que gozar de financiamento público"

Rafael Fernández Leiro (A Coruña, 1982) estudou Bioloxía na Universidade da Coruña. Tras doutorarse, pasou sete anos en Cambridge nun laboratorio especializado en bioloxía estrutural que mudou a súa carreira. Desde 2018 dirixe o seu propio grupo no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).
Medidor de radon (Imaxe: Santi Alvite / USC)
SOCIAL

O 7% das mortes por cancro de pulmón prodúcense por mor da exposición ao radon

A exposición ao radon está detrás do 7% das mortes que se producen na Galiza por mor do cancro de pulmón. Unha porcentaxe que no conxunto do Estado diminúe ao 4%. Son datos dun estudo publicado por investigadores da Facultade de Medicina da USC e do Laboratorio de Radon da Galiza, en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Consello de Seguridade Nuclear, publicado na revista Environmental Research.

Lección final

Unha persoa sendo vacinada. (Foto: Federico Gambarini / dpa)
SOCIAL

Unha experta galega abre a porta ás vacinas contra o cancro

Xa hai 15 medicamentos con ARN mensaxeiro, e 30 máis en distintas fases de ensaios clínicos. A doutora María de la Fuente explica como se pode utilizar a tecnoloxía das vacinas contra a Covid-19 de Moderna e Pfizer para desenvolver vacinas contra o cancro.

Logopedia e cancro

mapa 2 radon
I Congreso Estatal

Galiza, á cabeza na presenza de gas radon

Oncólogos e oncólogas, especialistas en Medicina Preventiva e Saúde Pública, físicos e físicas, xeólogos e xeólogas, arquitectos e arquitectas e técnicos e ténicas de saúde laboral danse cita no I Congreso Estatal sobre Radon, organizado pola iniciativa Vive sen Radon, que decorre en liña. Galiza é unha das zonas do Estado máis afectadas por este gas radiactivo.

Amianto

franck-v-znpTnG9_-zs-unsplash-1024x684
INTERNACIONAL

As sete tácticas empresariais para manter con vida a pandemia do tabaquismo na UE

A grande industria tabaqueira move millóns de euros ao ano. Os seus beneficios chocan, porén, coa saúde pública. As iniciativas levadas a cabo na UE para protexela encóntranse cos grupos de presión que actúan en Bruxelas en defensa dos intereses das empresas, que seguen un patrón de actuación común.

Curación pola fe (I)

Adenocarcinoma

Un superheroe visitou un hospital por esta conmemoración. (Foto: JdA / Europa Press)
SOCIAL

A supervivencia do cancro infantil supera o 70%

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha patoloxía que rexistra entre 50 e 60 casos ao ano na Galiza.
As resonancias magnéticas e os TAC adoitan acumular demoras no caso de pacientes oncolóxicos. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

A demora nas probas diagnósticas é anterior á Covid

Segundo revelou a Asociación Española Contra o Cancro coincidindo co día mundial contra esta doenza, durante o confinamento produciuse un descenso de 21% en novos diagnósticos e a paralización dos programas de cribado que permiten unha detección precoz de moitos tumores. As conclusións son xerais para todo o Estado e sinalan, tamén, unha diminución das probas diagnósticas de seguimento das pacientes oncolóxicas. Doentes galegas con cancro confirman coa súa experiencia demoras que son anteriores á pandemia e que nos convidan a achegarnos aos tempos oficiais de espera divulgados polo Sergas. 
image_gallery222
SOCIAL

Os doentes de cancro están a sufrir unha dupla pandemia

Pacientes oncolóxicos, doutores e asociacións informan a Nós Diario da dobre pandemia que están a vivir por culpa da crise sanitaria causada pola Covid-19. O medo ao contaxio e a presión psicolóxica son os factores que máis lles afectan.

Non podo máis

Kiko da Silva (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O ilustrador Kiko da Silva entrega 5.000 euros á investigación contra o cancro

A comunidade experta advirte dun aumento de 10% na mortalidade entre as doentes con cancro de mama e de 15% con cancro colorreital.
SOCIAL

A OMS alerta dun ascenso da mortalidade polo descoido na atención a outras doenzas

O colectivo de pacientes galegos referenda o temor expresado pola OMS e expresan a súa preocupación polo esquecemento dos doentes crónicos ou con enfemidades curábeis que ante a falta de atención sanitaria ven empeorar a súa calidade de vida. A Covid fixo aumentar os tempos de espera no primeiro semestre do ano e ampliou o desleixo na atención a pacientes sen coronavirus, o que suporá un aumento da mortalidade, afirman.
Imaxe dunha mamografía para detectar o cancro de mama (Imaxe: Europa Press)
SOCIAL

Dificultades económicas ou malestar mental, outras faces do cancro de mama

Máis alá da familia e das amizades, a psicoloxía ofrece apoio ás mulleres diagnosticadas con cancro de mama para asimilar as consecuencias da enfermidade. A Asociación Española Contra o Cancro, que ofrece este servizo, pide prestar tamén atención ás necesidades materiais que abrollan con esta doenza. 
Alberto Ruano Raviña profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública e integrante do Laboratorio de Radon da Galiza (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Alberto Ruano: "Na Galiza temos coñecemento de como afecta o radon, debera aproveitarse mellor"

Alberto Ruano é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública e integrante do Laboratorio de Radon da Galiza. O equipo que lidera vén de publicar un dos maiores estudos sobre a relación entre este gas radiactivo presente no chan galego co cancro de pulmón. Ruano urxe aplicar as medidas de prevención.