Xustiza
Nova condena ao Sergas: deberá indemnizar con 100.000 euros a familia dun mozo que morreu de cancro pola demora
16/maio/23
A diagnose atrasouse até un ano e os síntomas xa eran "notorios e evidentes", recolle a sentenza, polo que o tribunal, na sentenza de primeira instancia que o Goberno galego recorreu perante o TSXG mais cuxo relato non se modificou agora, estima que o paciente sufriu unha "defectuosa atención sanitaria sufrida polo atraso diagnóstico e terapéutico".