O ilustrador Kiko da Silva entrega 5.000 euros á investigación contra o cancro

Kiko da Silva (Foto: Nós Diario).
photo_camera Kiko da Silva (Foto: Nós Diario).

A cuarta feira 30 de decembro Kiko da Silva ilustrador e director do Garaxe Hermético  fará dozón de 4.922 euros froito do traballo realizado para a campaña do Entroido de Pontevedra 2020 e da subasta da ilustración orixinal do cartaz. 

Esta entrega farase ao grupo de Xenes e Enfermidade do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela. 

Este equipo, que está encabezado polo doutor José Manuel Castro Tubío, realizou importantes avances ao descubrir que as primeiras mutacións que orixinan o cancro poden xurdir décadas antes de ser localizadas. 

O historietista, mestre e editor de Banda Deseñada Kiko da Silva con esta doazón, quere achegar o seu gran de area a axudar a estes investigadores, “que con recursos sempre insuficientes e moito sacrificio persoal axudan a mellorar a nosa calidade de vida, e as veces ata a salvar os nosos familiares e amigos”. 

“Decidín doar estos cartos ao proxecto do estudo xenómico do cancro do doutor José Manuel Tubío antes da pandemia, e decidín manter a doazón a este fin ao ver que, nestos tempos no que a Covid e as vacinas para acabar coa pandemia está captando toda a atención mediática e científica, estamos a esquencer que seguimos tendo outras enfermidades terribles e cunhas taxas de mortalidade moi altas coma o cancro”.

O PP acusara no seu día o Concello de Pontevedra de adxudicar “a dedo” o deseño do cartaz de Entroido pontevedrés por 4.400 euros ao debuxante.

O ilustrador puxo á venda o orixinal do cartaz de Entroido e anunciara que a recadación irá para loita contra o cancro. "Todo o recaudado doareino á investigación contra o Cancro da USC. TODO, incluídos esos 4400 euros que tanto lle molesta ao sr. Rafa Domínguez, que cobre un profesional da ilustración por facer o seu traballo". 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios