banda deseñada

Ilustración —autoría de Miriam Iglesias— da capa do libro de banda deseñada 'As 9 cruces', editado pola Deputación de Pontevedra.
MEMORIA E HISTORIA

Viñetas para honrar os mártires de Baredo

A novela gráfica 'As 9 cruces' preséntase hoxe no concello de Baiona.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Fermín Muguruza e a súa obra 'Black is Beltza II: Ainhoa' protagonizan o 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, analizamos os efectos da nova Lei de liberdade sexual sobre a internet e as nenas aventureiras protagonistas de grandes obras literarias.
Portada de Tralla Brava. (Foto: Nós Diario)
star
Libros

Fanzinismo ou barbarie

O autor de cómic Miguelanxo Prado acumula unha carreira de publicacións de máis de 40 anos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Miguelanxo Prado: "Recibir un premio a toda unha carreira logo de anos facendo algo satisfactorio é un privilexio"

Miguelanxo Prado, autor de banda deseñada, vén de ser galardoado co Premio da Crítica a toda unha carreira no certame que organiza a editorial Dolmen. Prado refírese precisamente ao significado das condecoracións a obras e artistas e do seu propio percorrido profesional que, como el di, "non cambia a esencia do que son: un autor de cómic".
Na Coruña coinciden, no mes de agosto, Viñetas desde o Atlántico e Autobán.
star
Reportaxes

Viñetas desde a Galiza

Os primeiros días do mes de agosto na Coruña son un fervedoiro no que coinciden festas patronais e nos barrios, festivais e concertos de musica, eventos deportivos e, o que nos trae aquí, os festivais de banda deseñada. Si, en plural. Xenerosos como son na cidade onde, salvo Drake, ninguén é forasteiro organizan dous: o máis coñecido e maioritario Viñetas desde o Atlántico e o menos coñecido e moi interesante Autobán.
Pormenor de 'Baixo o pantano'.
star
Libros

"Vémonos no pantano"

A autora constrúe unha historia de intriga na que mete os recursos propios do xénero, tensión e suspense, aventuras e personaxes no límite.
A 'rúa da BD', instalada nos xardíns de Méndez Núñez, conta con corenta casetas de diferentes editoriais.
Viñetas desde o Atlántico

Un cuarto de século de banda deseñada

Viñetas desde o Atlántico, o festival de banda deseñada de referencia na Galiza, chega este ano a súa vixésimo quinta edición. Un cuarto de século en que soubo gañar un espazo no panorama internacional e no que se converteu en punto de encontro de creadores e público.
O evento comeza esta segunda feira na Coruña. (Foto: Viñetas desde o Atlántico)
CULTURA

A banda deseñada cítase na Coruña en 'Viñetas desde o Atlántico'

Esta segunda feira inaugúrase o salón do cómic con varias exposicións e encontros coas persoas autoras.
A autora de banda deseñada Alicia Jaraba. (Foto: Thomas Samson / AFP)
Contracultura

Alicia Jaraba: "Segue a haber moito estigma sobre a banda deseñada, custa vela como un obxecto de cultura"

Alicia Jaraba Abellán (Vigo, 1990), licenciada en Filoloxía Hispánica e Francesa, foi consolidando pouco a pouco unha carreira prometedora no mundo da banda deseñada. Tras gañar varios premios, comezou a colaborar con editoras francesas, debuxando tomos para series como 'Les detectives du surnaturel' (Jungle Frissons, 2018) ou 'L'onde Dolto' (Seuil-Delcourt, 2019). Coa editora francesa Grand Angle aparece este ano 'Celle qui parle', unha obra que foi traducida ao castelán como 'Yo soy la Malinche' (Nuevo Nueve, 2022) e na que, por primeira vez leva as rendas de debuxo e guión. Será unha das convidadas no "Viñetas desde o Atlántico" deste ano, cunha exposición na Sala Palexco.

Inés Rei e Miguelanxo Prado, director do festival. (Foto: Europa Press)
CULTURA

O festival de cómic ‘Viñetas desde o Atlántico’ cumpre 25 anos na Coruña

21 artistas exporán as súas obras na cidade.

O crítico Manuel Barreiro, co Premio María Luz Morales e o cartaz de 'Mamasunción'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Manuel Barreiro: "O filme 'Mamasunción' chegou ao universal a través da súa conexión co local"

Manuel Barreiro (Forcarei, 1972) ten unha faceta moi recoñecíbel como divulgador e crítico de banda deseñada, á que dedicou, coa actriz Neves Rodríguez, o emblemático podcast 'Metrópoles Delirantes'. Porén, da súa traxectoria tamén poden destacarse os anos de traballo como técnico audiovisual e o camiño inverso que o levou a cursar despois Comunicación Audiovisual e facer un máster en Comunicación Política. Desta faceta provén o Premio María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual que vén de gañar este ano por segunda vez, nesta ocasión falando de cinema. Un traballo que pode lerse na web da revista 'A Cuarta Parede'.
Detalle do cartel desta primeira edición de 'Banda á feira', obra de Julio Martínez, 'Das Pastoras'. (Ilustración: Das Pastoras)
CULTURA

'Banda á feira' leva o cómic ás rúas de Vigo

A asociación veciñal do Calvario, en Vigo, xunto con librarías especializadas, debuxantes e amantes do cómic organizarán esta fin de semana (4 e 5 de xuño) o festival 'Banda á feira' polas rúas deste barrio vigués. A aventura busca iniciar unha andaina coa que promocionar artistas propios e dar a coñecer esta arte visual.
Pormenor dunha páxina de 'Adeus amigos'.
star
Banda Deseñada: 'Adeus amigos', de Begoña García-Alén

"Era un barco ben pequeno…"

Begoña é unha autora cun estilo propio, que soborda os camiños máis usuais e transitados do cómic e busca nos límites da linguaxe.
O debuxante neoiorquino onte na libraría Kómic de Santiago de Compostela dentro da súa xira pola Galiza (Foto: Arxina)
CULTURA

Peter Bagge: "Fales do que fales ou debuxes do que debuxes sempre vai haber alguén que se sinta ofendido"

Peter Bagge (Peekskill, Nova York, 1957), un dos grandes nomes da banda deseñada alternativa estadounidense, está estes días de xira pola Galiza grazas ás xestións da editorial La Cúpula. En Pontevedra inaugurou o pasado 16 de maio a exposición Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground (Pazo de Cultura, até o 17 de xullo), a primeira gran mostra deste debuxante en todo o Estado español, comisariada por Kiko da Silva. Autor de obras como Neat Stuff (Mundo Idiota na Galiza, 1985-1989) ou Odio (1990-1998), pasou esta quinta feira por Compostela e o sábado estará na Coruña (Alita Cómics, 18 horas).   
O debuxante e ilustrador Kiko da Silva no seu estudo. (Foto: Ana Isabel Rey Lamas).
CULTURA

Kiko da Silva: "Gurriarán, ademais de moi bo poeta, era unha persoa totalmente comprometida co país"

O ilustrador Kiko da Silva é o coordinador de 'Florencio', banda deseñada guionizada por Fernando Llor e con ilustracións do alumnado do seu obradoiro 'O Garaxe Hermético', que pretende que a mocidade "descubra e se apaixone" coa biografía de Florencio Delgado Gurriarán. A obra, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, foi presentada onte no pazo provincial, baixo a organización da área de Lingua e Memoria Histórica. Aproveitando o acto, conversamos con Kiko da Silva acerca desta nova obra.
 
Xaquín Marín recibindo o Premio da Crítica Galicia de Artes Plásticas e Visuais, nunha imaxe de arquivo.
CULTURA

Xaquín Marín volve á orixe en Fene

Hoxe inaugúrase no Museo do Humor de Fene unha retrospectiva da obra de Xaquín Marín, un pioneiro do cómic na Galiza cuxo estilo enlaza coa mellor tradición gráfica galega. A antolóxica, que poderá visitarse até finais de xuño, mostra o seu traballo desde as primeiras pinturas até o cómic, pasando pola viñeta e a ilustración. 
Pormenor dunha páxina de 'O voo da curuxa'.
star
Banda Deseñada: 'O voo da curuxa', de  Inacio e Iván Suárez

"Unha tarde no Pazo de Meirás"

Nesta obra hai páxinas verdadeiramente ben construídas, con estruturas dinámicas e modernas e coas que son quen de darlle un bo ritmo para que pasemos con moita naturalidade dun espazo a outro
Begonha1
star
Entrevistas

Begoña G. Alén: "Non penso no lector cando traballo, pero entendo que unha historia para ser completada necesita ser lida"

Begoña García-Alén gañou o Premio Castelao de BD do ano 2020 coa obra Adeus amigos na que conta o estraño caso da desaparición do artista Bas Jan Ader nos anos setenta. Vén de ver a luz recentemente, xunto coa gañadora do ano pasado. Logo de oito anos desde a publicación da súa primeira obra esta viguesa segue sorprendendo a público e crítica coa capacidade para conceptualizar, para experimentar coa linguaxe do medio e buscar novas vías discursivas, co seu estilo, minimalista e sintético e abandeirado na onda máis experimental da banda deseñada. 
Pormenor dunha páxina 'As aventuras de Passer P. Malta'.
star
Banda Deseñada: 'As aventuras de Passer P. Malta', de Andrés Magán

"Benvidos a Villa Flugante"

Unha obra ben interesante e cunha edición coidada e de calidade –e o que non é menos importante, a un prezo moi axeitado– que fará gozar á rapazada e que estimulará a súa imaxinación.
Pormenor dun dos paneis de 'O home que falaba vegliota'.
star
Arte

Espiral creadora. A obra de Reimundo Patiño

Reimundo Patiño xogou un papel sobranceiro no desenvolvemento da arte galega desde Madrid e en estreito contacto coa cultura galega do interior e do exilio -foi amigo de Luís Seoane e participou na fundación da Unión do Povo Galego.