banda deseñada

Pormenor dunha páxina de 'Nós seis'.
star
Banda deseñada: 'Nós seis', de Julia Lago

"Non Serviam"

Julia Lago desenvolve nesta obra un estilo sinxelo, cun branco e negro nu de ornamento e case esquemático que non desmerece para nada a narración, mesmo semella que axiliza a lectura e serve para desdramatizar o relato.
Pormenor dun dos paneis de 'O home que falaba vegliota'.
A súa obra conxuga o compromiso político coa modernidade artística

O Día da Ilustración Galega recupera a figura fundamental de Reimundo Patiño

Artista, teórico, militante político incombustíbel e pioneiro da banda deseñada na Galiza. Reimundo Patiño será o protagonista do Día da Ilustración Galega, unha oportunidade inigualábel para recuperar unha das figuras fundamentais da cultura da segunda metade do século XX hoxe un tanto esquecido.
Detalle da capa de 'Astérix e grifón' (Bruño/Xerais).
star
Banda deseñada: 'Astérix e o grifón', de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad

"Xa foi o grifón no vento"

Astérix, Idéfix e Obélix viaxan ás terras dos bárbaros, nos confíns do imperio romano.
Octavio Beares. (Foto: Manuel Barreiro)
star
Entrevistas

Octavio Beares:"Que autores como Castelao ou Maside se achegaran a Banda Deseñada é moi importante e había que sinalalo"

Octavio Beares é licenciado en Xeografía e Historia e exerce dende hai anos como crítico, divulgador e teórico da banda deseñada. Foi co fundador da revista CuCo, Cuadernos de Cómic e é membro da Asociación de Críticos e divulgadores de cómic (ACDCómic). Vén de publicar o libro A historia do cómic en Galicia onde fai un percorrido ameno e moi didáctico pola historia da nosa BD cunha ollada xeral que abrangue máis de 120 anos e coa que pretende darnos unha visión panorámica da aparición e evolución da novena arte na nosa terra.
Reportaxe sobre a Casa da Galiza, no Sermos Galiza deste sábado. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza entra na Casa de Rosalía 50 anos despois

O semanario que poderás atopar este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais, así como na nosa loxa en liña, tamén fai un repaso á historia da banda deseñada no país e atopa tempo para analizar a "pel" dos edificios.
Viñeta da banda deseñada gañadora do certame. (Foto: O Garaxe Hermético)
CULTURA

O premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético recae en Fon Barreiro

O creador, tamén coñecido como Fon no mundo dos cómics, asina a obra 'Cósmico o bombeiro galáctico'. A peza será publicada pola editorial Xerais.
Octavio Beares. (Foto: Manuel Barreiro)
star
Libros: 'A historia do cómic en Galicia' de Octavio Beares

Historia da novena arte

O repaso de Beares á banda deseñada galega do século XIX (coa posíbel identificación da súa primeira manifestación en lingua galega) obríganos a reescribir esa parte da nosa historia
Octavio beares
CULTURA

Octavio Beares: "Nos 70 xurdiu a idea dun cómic noso, galego; e a xeración que hai agora é incríbel"

Fundador de CuCo, cadernos de cómic e apaixonado da banda deseñada, Octavio Beares leva anos inserido no ámbito da divulgación e investigación do cómic. Recentemente, o autor publicou 'A historia do cómic en Galicia', onde se achega ás orixes, á evolución e ao presente deste xénero.
Detalle dunha páxina de 'As aventuras de Vani. Montaña'.
star
Banda Deseñada: 'As aventuras de Vani. Montaña', de Jorge Campos

"Vani sempre quixo subir á cima daquela montaña"

De seguro que é unha obra moi axeitada para públicos moi novos, primeiros lectores e lectoras e preadolescentes, non só polo axeitado do formato, as cores, o guión e as composicións, que facilitan a lectura, senón tamén pola historia que é de entretidas trasnadas
Inés Vázquez.
star
Libros: 'Aldara e a lenda do cervo branco', de Inés Vázquez

O além e o aquém

Aldara e a lenda do cervo branco exige uma leitura atenta. A narrativa dos quadrinhos completa a dos balões de diálogo. Abundam as vinhetas mudas, em que a ação está representada só nos desenhos.
David Rubín (Foto: Manuel Barreiro)
star
Entrevistas

David Rubín. BD galega no mundo

As risadas de David enchen a súa exposición en Afundación na Coruña. Son excesivas como a súa capacidade de traballo, sonoras como o seu éxito e tan rechamantes como o seu estilo gráfico. É un dos autores de banda deseñada máis recoñecidos e premiados, posuidor dun estilo dinámico e flamíxero que o fai inconfundíbel. En 20 anos de traxectoria non parou de medrar até ser un dos grandes nomes no cómic internacional. A súa obra está traducida á meirande parte dos idiomas europeos e goza dun grande éxito no mercado norteamericano. David nunca pasa desapercibido e, aínda que inxustamente ignorada, a xenerosidade deste ourensán é moito máis grande que a súa indómita e, ás veces, polémica personalidade.
Detalle dunha páxina de 'A predición de Aloia' (Imaxe: Cumio Editorial)
star
Libros: 'A predición de Aloia', de David Lorenzo

"Contan as antigas lendas…"

o. Este é un cómic dirixido a público preadolescente, a xente moza que xa deixou atrás tutelas e libros de grandes ilustracións mais que aínda está buscando  camiños no cómic. 
Reportaxe sobre o 'Prestige' que atoparás no novo número de Sermos Galiza. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #prestige #bandadeseñada #cinema
CULTURA

Sermos Galiza afonda nas consecuencias do 'Prestige'

O semanario tamén garda un espazo para o autor de banda deseñada David Rubín e analiza a tendencia dos 'small cinemas'. Se non queres perder nada, só terás que acudir este sábado ao teu quiosque ou mercar a publicación na nosa loxa en liña.
Un fragmento de 'Astérix e o Grifón'.
Xerais publica, nun lanzamento simultáneo en 17 linguas, a última aventura de Astérix

A aldea gala segue sendo irredutíbel

Asterix e o Grifón é a nova aventura do pequeno heroe galo, editada nun lanzamento simultáneo en dezasete linguas diferentes. O novo álbum incorpora, como é habitual, novas preocupacións que o manteñen en sintonía coa actualidade: a defensa do medio ambiente e o feminismo. 
Imaxe da nova banda deseñada de Superman. (Foto: DC Comics)
SOCIAL

O novo Superman é bisexual

A factoría de banda deseñada DC Comics anuncia que o novo superheroe terá unha relación homosexual na nova entrega das súas aventuras. Esa trama estará integrada no quinto libro da serie ‘Superman: Fillo de Kal-El’ e o tema da bisexualidade de Superman orixinal está provocando múltiples reaccións.

Un pormenor da capa do álbum, obra de Fernando Iglesias "Kohell".
star
CULTURA

Memoria histórica en banda deseñada

A banda deseñada como ferramenta para difundir a memoria histórica: a Deputación de Pontevedra edita unha novela gráfica que relata os terríbeis acontecementos sucedidos na illa de San Simón.
 
Detalle da capa de 'O destino de Kameko'. (Foto: Nós Diario)
star
Libros: 'O destino de Kameko'

Sakura, sakura, noyama mo sato mo

Análise da obra O destino de Kameko publicada por Aira Editorial.
Aldara1
star
Libros: 'Aldara. A lenda do cervo branco', de Inés Vázquez

A lenda é realidade

A protagonista desta BD dirixida a público xuvenil é unha rapaza afouta que é quen de decidir o seu destino e pilota a súa vida sen agardar príncipes. Unha obra que pode fachendear dun guión que ten un bo ritmo e un debuxo fermoso, moi fermoso.
Coa paixón na banda deseñada, Pablo Prado está a ultimar novos proxectos da man de grandes das letras.
CULTURA

Pablo Prado, ilustrador: "A próxima obra trata duns rapaces que proxectan filmes prohibidos nun cinema clandestino"

O ilustrador Pablo Prado sempre tivo claro que o seu era contar historias a través da imaxe. Nas librarías pódense atopar varias novelas gráficas coas súas bandas deseñadas: O derradeiro libro de Emma Olsen, con guión adaptado da novela de Berta Dávila; Os berros da motocicleta, con guión de Kiko Da Silva; O último festi, con Fernando Llor ou Nerea e o príncipe da sorte, con Miguel Rojo. En ilustración ten Versos de amor, con Manel Monteagudo. Actualmente reside en Madrid, aínda que esta entrevista levouse a cabo entre maletas e présas para voltar uns días á Ponteareas que o viu medrar.    
 
Entrevista a Manel Craneo no semros Galiza deste 7 de agosto.
SOCIAL

Manel Craneo e a banda deseñada con carimbo galego, no Sermos Galiza

O novo número do semanario Sermos Galiza achega a todas e todos os apaixonados da banda deseñada unha entrevista de perto a Manel Craneo, figura fundamental do eido artístico galego. Aliás, a memoria é eixo central desta nova entrega do semanario, con dúas reportaxes fundamentais, a primeira sobre Camposancos (A Guarda) e a segunda sobre o penal de San Cristóbal (Nafarroa), un inferno para centos de galegos que sufriron a represión franquista. Ademais inclúese unha manchea de recomendacións para o tempo de lecer. Procura o teu exemplar, xunto con Nós Diario, este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais!