asociacionismo

O teatro de títeres de Avantar, na Mostra de Teatro de Ribadavia na década de 1970.
star
CULTURA

Avantar: cincuenta anos espertando conciencia de nación no Carballiño

A Asociación Cultural Avantar do Carballiño fai cincuenta anos e organiza unha serie de actividades para lembrar unha traxectoria que, como a doutras agrupacións nacidas na mesma altura, resultaron fundamentais para a recuperación da dignidade da cultura do país. 
 
Alfredo Ferreiro e Arias Curto en 'O cabalo do cabaleiro' de Carlos Muñiz, polo Grupo Teatral O Facho, dirixida por Manuel Lourenzo en 1965.
star
CULTURA

Hai sesenta anos que se prendeu un 'Facho' para iluminar a cultura da Galiza

O 23 de decembro de 1963 creábase na Coruña a Agrupación Cultural O Facho, unha entidade que, durante os anos finais da ditadura, asumiu a tarefa da defensa da lingua e a cultura galegas, despregando un importante labor de dinamización na cidade.
Os paneis solares colocados no tellado abastecen de electricidade o centro sociocultural da comunidade de montes de Tameiga, en Mos, na comarca de Vigo. (Foto: CMVMC de Tameiga)
star
ECONOMÍA

As comunidades enerxéticas terán espazo reservado na rede eléctrica e cota nas poxas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) desenvolve unha nova normativa que pretende asegurar a posibilidade das comunidades enerxéticas para poder empregar a rede eléctrica estatal. Os concellos tamén poden participar da produción colectiva. As entidades de monte veciñal atopan trabas administrativas para o consumo cooperativo.

Asociacións asfixiadas

O equipo da Culturgal, dirixido por Eva Alonso, estivo a traballar durante o verán nas diferentes liñas desta edición.
A cita anual da cultura galega celebra a súa 15ª edición desde esta quinta feira até o 27 de novembro

Comeza un Culturgal dirixido a apoiar ao tecido profesional da cultura

Na edición do Culturgal deste ano, a programación dirixida a profesionais adquire un corpo destacado cun panel de 30 actividades nas que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais e profesionais que operan na cultura galega. Ser de utilidade para as persoas e entidades que traballan en xestión cultural, é unha das apostas desta 15ª edición. 

A Marcha Mundial das Mulleres decidiu colectivamente non recoller o premio Meninas (Foto: Noa Presas).
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres rexeita recoller o premio Meninas

O colectivo feminista considera que as institucións deben implicarse na loita contra a violencia machista.
Presentación da Federación en Castro Caldelas. (Foto: Federación de Asociacións da Ribeira Sacra).
SOCIAL

Nace a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra que conta con máis de 50 entidades

Co propósito de “ser a voz dos habitantes do territorio da Ribeira Sacra”, a Federación propúxose levar a voz e opinión aos espazos de decisión que os afectan.
Imaxe dunha actuación no acto de entrega da “Medalla de Ouro” da cidade de Santiago de Compostela a Cantigas e Agarimos. (Foto: Cantigas e Agarimos).
CULTURA

100 anos de Cantigas e Agarimos, un doce para a música e o baile tradicionais

O coro Cantigas e Agarimos celebrará o seu cen aniversario cunha homenaxe presencial na cidade que o viu nacer, Compostela. Farao con varias actividades e arroupado polas actuacións de OCT Ultreia e Brincadeira. Música, baile, teatro, tradición, formación... seguirán a abrir camiño con esta xa centenaria formación.
Unha actividade anterior da Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. (Foto: Casa Museo Manuel María).
CULTURA

Galiza Cultura cítase en Outeiro de Rei nunha nova edición do Convivio da Cultura Galega

A Casa das Hortas acollerá a VIII edición do Convivio da Cultura Galega, organizada a canda Galiza Cultura, que decorrerá o próximo sábado 2 de outubro. Unha xornada de "celebración" aberta ao asociacionismo de base na que se debaterán as liñas que deben seguir para futuros proxectos culturais.
carvalho calero
CULTURA

Un manifesto demanda que a casa de Carvalho Calero teña usos culturais

Como vector para un proxecto viábel, para revitalizar o barrio e “dignificar a memoria de Carvalho”.

Marcha en Pontevedra polo fechamento da celulosa de Ence en 2016.Foto: Xaquín Soliño
star
A mobilización e a contestación social impediron a proliferación de plantas de pasta de papel

A Galiza que parou oito proxectos de celulosas

Hai 45 anos, falamos do 29 de febreiro de 1976, miles de persoas mobilizáronse en Ponteceso para protestar contra a tentativa de instalar unha celulosa na localidade. A resposta da veciñanza de Bergantiños rematou por paralizar o proxecto, ao igual que aconteceu neses mesmos anos con outras iniciativas semellantes previstas en Dodro, Foz, Negreira, As Neves, Quiroga, Valdeorras ou a comarca de Ourense. A mobilización social resultou central para derrotar este deseño económico.
A deputada de Cultura Maite Ferreiro na presentación do Lugo Cultural
Cultura

A Deputación de Lugo axiliza as axudas ao tecido asociativo

Os fondos repartirán 638.000 euros entre 44 entidades e asociacións
Todas as actividades das asociacións ficaron suspendidas.
Cultura

"Volver á roga": a receita do tradicional contra a COVID-19 pasa por tecer sector

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s está a impulsar a redacción dun texto con medidas específicas para facer fronte á crise derivada da emerxencia sanitaria desde o sector da música e o baile tradicional. Isto leva a pór o foco nas necesidades do asociacionismo como alicerce fundamental deste patrimonio.
Presentación dun libro
na asociación cultural Medulio (Ferrol).
Cultura

Os síntomas da COVID-19 na cultura de base

O asociacionismo cultural, nunha situación crítica
O Cineclube Padre Feixoo funciona con 700 persoas asociadas a día de hoxe [Nós Diario].
Celebra o seu 50 aniversario cunha clara aposta pola cultura cinematográfica

"O cineclube Padre Feixoo leva anos sen recibir ningún tipo de axuda, e tampouco contamos tela"

O cineclube Padre Feixoo, na cidade de Ourense, celebra as súas vodas de ouro neste 2020. O seu nome lévanos até a súa orixe, a Escola do Profesorado chamada Padre Feixoo. A súa vontade de achegar a sociedade á cultura cinematográfica fixo que continuasen activos até o día de hoxe. Grazas ao seu director, Manuel Precedo, coñecemos parte desta andaina, que esperamos que dure outros anos máis.   
 
Montse Rivera (Leilía) na homenaxe a Erminda Miramontes
Cultura

Confinadas si, mais con cultura de base

O asociacionismo galego fronte ao coronavirus
casa museo manuel maría
Sábado 14 de xullo en Outeiro de Rei

O Convivio da Cultura Galega xunta asociacións de base de todo o país

A Casa Museo Manuel María organiza, por quinto ano consecutivo, o Convivio da Cultura Galega. Será o sábado 14 de xullo en Outeiro de Rei, a vila natal do poeta.
 

Lusofonia

Personalidades da lusofonía rexeitan a entrada de Guiné Ecuatorial na CPLP

Medio cento de sinaturas instan as xefaturas de estado e de goberno da Comunidade a non formalizar a adhesión do país gobernado polo ditador Teodoro Obiang.

Panel da exposición
MEMORIA E HISTORIA

O asociacionismo galego en tempos de represión

A exposición Asociacionismo cultural en Galiza (1961-1975) descobre no Museo do Pobo galego o traballo por recuperar a cultura do país en tempos de ditadura.