A mobilización e a contestación social impediron a proliferación de plantas de pasta de papel
A Galiza que parou oito proxectos de celulosas
Hai 45 anos, falamos do 29 de febreiro de 1976, miles de persoas mobilizáronse en Ponteceso para protestar contra a tentativa de instalar unha celulosa na localidade. A resposta da veciñanza de Bergantiños rematou por paralizar o proxecto, ao igual que aconteceu neses mesmos anos con outras iniciativas semellantes previstas en Dodro, Foz, Negreira, As Neves, Quiroga, Valdeorras ou a comarca de Ourense. A mobilización social resultou central para derrotar este deseño económico.
A finais de 1974 tíñase coñecemento de que se promovía unha factoría de celulosa en Ponteceso. O proxecto impulsado por Celulosas Papel de Galicia (Cepagasa), un conglomerado empresarial participado…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.