aborto

Expediente consultado no Arquivo Histórico de Protocolos da Coruña. (Foto: Ángel Arcay)
MEMORIA E HISTORIA

As mulleres espontáneas: control e "protección" das embarazadas fóra do matrimonio

O investigador betanceiro Ángel Arcay vén de ser premiado polo seu estudo sobre as "mulleres espontáneas". O historiador, Ana María Romero Masiá e Miguel García-Fernández explican as chaves e a importancia deste concepto xurídico case descoñecido e único na Galiza dos séculos XVIII e XIX. 
O polémico cartaz visto nun panel publicitario da cidade olívica (Foto: Marea de Vigo).
SOCIAL

Vigo e Pontevedra retiran unha polémica campaña antiabortista de cadansúas marquesiñas

Anabel Gulías, portavoz do Goberno local pontevedrés, cualificou a campaña de "noxenta" e "repulsiva" por "atentar contra as mulleres".

Hai 50 anos en Boston

Protestas diante o Tribunal Supremo dos EUA (Brian Cahn / ZUMA Press Wire / dpa)
INTERNACIONAL

A maioría do Tribunal Supremo dos EUA, disposto a limitar o aborto

Unha querela do Estado de Mississipi podería, coa incorporación de dous maxistrados e unha maxistrada durante a presidencia de Donald Trump ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América, dificultar a realización de abortos. A decisión daríase a coñecer en xuño de 2022.
Pedro González-Trevijano, presidente do Tribunal Constitucional español, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

De reitor do mestrado de Casado a presidente do Constitucional

Pedro González-Trevijano, novo presidente do Constitucional, estivo moi vencellado ao PP durante a súa carreira. Entre as primeiras decisións se situou nomear a Arnaldo para resolver o recurso do PP contra a Lei do aborto.

Abortar en Lugo

Xornalistas fronte ficcións

Rodil durante o debate do estado da nación. (Foto: BNG) #aborto #bng #olallarodil
POLÍTICA

A Cámara exixe que se garanta o dereito ao aborto na sanidade pública

O BNG denuncia trabas á interrupción do embarazo na sanidade pública. A deputada nacionalista Olalla Rodil criticou que actualmente unha muller que toma a decisión debe agardar tres días por se camvia de idea e no suposto de continuar co proceso é derivada a unha clínica privada directamente

Faixa feminista polo dereito ao aborto. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A meirande parte dos 2.490 abortos voluntarios rexistrados en Galiza en 2020 foron en centros privados

Un total de 204 menores de 20 anos, a maioría de 19, interromperon o seu embarazo, a maioría en hospital público e antes das 8 semanas.

Protesta a favor do aborto legal en México en 2020. (Foto: El Universal)
INTERNACIONAL

Unha sentenza do Supremo de México legaliza o aborto na primeira etapa do embarazo

O Supremo do país norteamericano emite un fallo de obrigado cumprimento para todos os xuíces mexicanos, que garante o dereito a abortar na primeira etapa do embarazo.
1,2
star
Mulleres sen dereitos reais

Abortar na sanidade pública, unha misión complicada

Abortar na sanidade pública resulta unha gran complicación para a gran maioría das mulleres galegas. Malia que a Lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo recoñece o dereito ao aborto libre nas primeiras 14 semanas de xestación e incorpórao como un servizo incluído na carteira de prestacións do sistema sanitario, a actual regulamentación da obxección de conciencia e a falla de vontade política por parte das autoridades públicas impide o seu exercicio real.

Complicado aborto voluntário

EuropaPress_3516550_13_january_2021_chile_valparaiso_protesters_for_and_against_abortion_clash
INTERNACIONAL

Chile segue o ronsel da Arxentina e debate a despenalización do aborto

O Congreso estuda un proxecto presentado por deputadas da oposición tras o paso dado polo Lexislativo do país veciño.

Rebeldes

Lei

As pibas

Pañuelazo pola despenalización do aborto na Arxentina o 19 de febreiro de 2020 (Imaxe: Europa Press).
INTERNACIONAL

Legalizado o aborto en Arxentina

O Senado votou esta madrugada a legalización do aborto até a semana 14.

 

Concentracións feministas en Bos Aires (Feminismo argentino)
INTERNACIONAL

O Senado arxentino igualado en votos pola lei do aborto

A ausencia de senadores contarios á lei de aborto e a indecisión doutros seis representantes podería favorecer a súa aprobación.
EuropaPress_3473994_11_december_2020_argentina_buenos_aires_people_in_favour_of_abortion
INTERNACIONAL

Arxentina, a unha votación da fin da penalización do aborto

O proxecto de lei foi aprobado pola Cámara de Deputados e agora deberá ser debatido e votado polo Senado, que ten maioría do peronismo, impulsor da norma.  
EuropaPress_3398866_quinto_dia_protestas_polonia_nueva_mas_restrictiva_ley_aborto_ilegaliza
INTERNACIONAL

En Polonia, "a revolución é unha muller"

Tras dúas semanas de mobilizacións diarias nas rúas, o Executivo polaco comunicou esta terza feira a decisión de adiar o ditame do Tribunal Supremo que veta o aborto de fetos con defectos conxénitos. A influencia do Goberno ultraconservador de Morawiecki na xustiza xa foi posta en cuestión con anterioridade desde a Comisión Europea.