Redacción 24/xan./22 Seguinte chevron_right Marea de Vigo e BNG exixiron na mañá desta segunda feira a retirada "inmediata" da campaña antiabortista que a Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) instalou nas marquesiñas e nos 'mupis' —paneis publicitarios— da cidade. Así, nun comunicado, a concelleira de Marea Oriana Méndez asegurou que esta publicidade incumpre o contrato adxudicado polo Concello á empresa JCDecaux, "que impide claramente a presenza de propaganda sexista ou vexadora contraria aos dereitos constitucionais". Por iso, solicitou á concellería de Mobilidade e Seguridade que pida a "inmediata" retirada desta campaña "acosadora dun dereito regrado e absolutamente lícito das mulleres". Na mesma liña falou o concelleiro nacionalista Xabier P. Igrexas, que defendeu que se trata dunha propaganda "reaccionaria" da "dereita ultracatólica" que usa estes paneis para propagar o seu "discurso do odio". Tamén solicitou ao Concello que ordene a retirada desta publicidade. "Vigo ten que configurarse como un territorio libre de todas as violencias machistas", reivindicou Igrexas. Todo iso logo de que a ACdP lanzase unha campaña antiabortista en 33 cidades de todo o Estado español baixo co lema "rezar fronte ás clínicas abortistas está xenial", a fin de manifestarse contra a Lei do Aborto que propón o Goberno estatal. Finalmente, a primeira hora da tarde, o Goberno local deu resposta a esta petición e anunciou a retirada desta polémica campaña antiabortista. Pontevedra tamén rexeita a campaña Outra das cidades escollidas pola ACdP para espallar a súa campaña foi Pontevedra, cuxo Executivo pediu tamén a retirada "inmediata" dunha campaña que a súa portavoz, Anabel Gulías, cualificou de "noxenta" e "inaceptábel" nun "concello feminista". "Trátase dunha mensaxe repulsiva e que atenta contra as mulleres", dixo. A empresa responsábel da xestión dos 'mupis', segundo informou o Goberno pontevedrés, xa confirmou que os paneis serán retirados ao longo da tarde desta segunda feira. Apoia Nós Diario Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas. SUBSCRÍBETE Etiqueta mulleres Vigo aborto Pontevedra Seguinte chevron_right
SOCIAL O escritor Domingo Villar, ingresado na UCI en estado "moi grave" por un infarto cerebral Europa Press 16/maio/22
SOCIAL A Xunta habilita a declaración de autotest positivo a traves da súa aplicación móbil Redacción 16/maio/22
SOCIAL A conselleira Ethel Vázquez, 'atropelada' en Oleiros para exixir melloras de seguridade viaria Redacción 13/maio/22