A Estrada

callobre web
Máis

Botar raíces coa cultura popular: Callobre celebra a XXII edición do festival de música tradicional

O Festival Folk de Raíz volve a Callobre (A Estrada, comarca de Terra de Montes) os próximos 14 e 15 de xullo. Trátase dunha iniciativa veciñal que leva en marcha desde o ano 2000 co obxectivo de pór en valor as agrupacións musicais populares mentres continúa demostrando ano tras ano que a cultura galega e a súa música está viva e con forza.
Un aloitador durante a Rapa das Bestas. (Foto: Agostime / Europa Press)
CULTURA

Sabucedo pon hoxe o ramo a unha multitudinaria e reivindicativa Rapa: "Queremos que as bestas sigan sendo ceibes"

A edición deste ano tivo un marcado carácter de protesta contra o inzamento de proxectos eólicos na contorna.
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas máis iconográficas da Galiza. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Máis

Un reino para as bestas

Do 7 ao 9 de xullo todo vira ao redor dun curro.
Aloitadora na Rapa das Bestas de Sabucedo, A Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes). (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
star
Reportaxes

A rapa das bestas: tradición en perigo de extinción

Desde comezos de maio até finais de agosto son moitos os montes da Galiza que acollen unha das tradicións máis ancestrais: a rapa das bestas. A vindeira fin de semana, 7, 8 e 9 de xullo, será a quenda da rapa de Amil, parroquia do concello de Moraña (comarca de Caldas), e tamén da que quizais sexa a máis coñecida: a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada (comarca de Terra de Montes). Celebracións, secasí, en perigo de extinción, ameazadas pola instalación de infinidade de polígonos eólicos nos montes galegos.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
Agora

Adega inicia unha recollida de fondos para recorrer os parques eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros

A asociación ecoloxista Adega chama esta sexta feira á colaboración cidadá no marco da campaña Ti podes paralos, destinada a recadar fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza "boa parte" dos 75 parques eólicos autorizados pola Xunta nos últimos meses. Os últimos que sitúa no albo son os proxectos Campo das Rosas, na Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, e Porto Vidros, nestes dous últimos concellos, aprobados esta semana polo Goberno galego. Alerta de que forman un 'macroparque' que "poñen en risco o fogar e o patrimonio cultural e natural das bestas de Sabucedo".
A Feira da Labranza, na pasada edición en setembro de 2022, xuntou gastronomía, cultura e agro. (Foto: Maruxío)
star
CULTURA

Artesanía, cultura e labranza xúntanse esta fin de semana na Estrada

A Casa Maruxío acollerá os días 13 e 14 a cuarta edición da súa Feira da Labranza.
Presentación do programa do Encontro Burla Verde.
SOCIAL

Burla Verde, o encontro do asociacionismo e ecoloxismo galego que reivindica "unha transición enerxética real"

Sabucedo, na Estrada, acollerá o próximo 29 de abril un amplo programa de actividades que inclúe concertos, contacontos ou un "xantar de confraternidade".
Cabalos na Insua de Touriñán hai 20 anos (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Desmontando Clifford Geertz en Sabucedo (A Estrada)

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, analiza para 'Nós Diario' a oposición da veciñanza de Sabucedo aos eólicos.
Á esquerda, os actuais integrantes de Zapato Veloz, Eros Pérez, Jonatan Castaño y José Manuel Martinez, que retomaron en 2019 o legado iniciado a comezos dos 90; á dereita, a atracción 'El Torito Vacilón', na Estrada, obxecto da polémica. (Fotos: Zapato Veloz | Asociacion de Comerciantes da Estrada)
A Estrada

A voltas co 'comanche': Zapato Veloz exixe unha "rectificación pública" de Xoán Reices, que reitera que "é unha canción machista"

A banda de orixe asturiana emite un comunicado, ao que tivo acceso 'Nós Diario', no que cualifica de "lamentábeis" as declaracións do candidato á Alcaldía da Estrada do BNG, Xoán Reices, quen reitera que a canción, que di nunha estrofa "soy de los que pasan a las indias por la piedra", "asenta a idea da cultura da violación". Pola súa parte, a produtora de Zapato Veloz afirma que "será que a canción só lle 'esperta' a el os seus instintos máis maníaco-sexuais".

A atracción 'El torito vacilón' (Foto: Asociacion de Comerciantes de A Estrada).
SOCIAL

"Me paso a las indias por la piedra". Polémica na Estrada pola letra dunha canción nunha atracción de Nadal

"Pedimos ao concello a retirada inmediata do repertorio musical machista e instamos ao goberno municipal do PP a implicarse máis na loita contra a violencia machista", manifestou Xoán Reices, candidato do BNG á Alcaldía da Estrada.

Protestas na capital do Perú, Lima (Foto: Lucas Aguayo Araos / dpa).
INTERNACIONAL

Os veciños da Estrada e A Pobra atrapados no Perú voltan á Galiza

O alcalde brollonés, Xosé Luís Maceda, agradece as xestións á Subdelegación do Goberno en Lugo e a eurodeputada do BNG, Ana Miranda: "Foron quen moveron os fíos para trasladalos a Lima, a través dun avión militar das forzas aéreas".
Enfrontamentos entre manifestantes e policías en Lima, o pasado 9 de decembro. (Foto: Lucas Aguayo Araos / DPA)
Crise no Perú

A odisea de sete galegos atrapados no Perú: incerteza sobre cando voltarán e varios quilómetros percorridos a pé

Catro residentes na Estrada e tres naturais da Pobra do Brollón foron sorprendidos no medio das tensas protestas no país andino.
O historiador e escritor Xosé Álvarez presenta a súa obra.
Axenda

Xosé Álvarez Castro presenta na Estrada a súa nova obra

A presentación de "Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)" terá lugar a partir das 20.00 horas
A autora do libro, Clara Iglesias Cortizo.
Axenda

Libro na Estrada: "A Estrada encantada. Mitos, lendas e contos" de Clara Iglesias Cortizo

A presentación da novela de Clara Iglesias Cortizo terá lugar a partir das 20.00 horas no Mome da Estrada
A obra 'Mitoloxía para ignorantes' de Hipócrita Teatro abre a programación na Estrada.
Axenda

O Circuíto Galego de Teatro Amador 2022 chega á Estrada

Hipócrita Teatro, Farándula Velutina e A Tequerreté serán os protagonistas das xornadas de teatro na Estrada
La_esp_Rep._Federal,_Rep._Unitaria_(2)
MEMORIA E HISTORIA

A revolución por coñecer da Estrada en 1870

18 de xullo de 1870 as forzas da orde deron por derrotada a revolta da Estrada. Após 13 días de loita, efectivos da Garda Civil e do Exército reducían ao último núcleo rebelde resistente na parroquia de Berres. A loita do republicanismo federal con ligazóns internacionalistas continuaba.

 

Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre fan parte da XXI edición.
Axenda

Arrinca a XXI edición do festival Folk de Raíz da Estrada

A nova edición do Folk de Raíz terá lugar no Campo da Festa de Callobre
(Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Rapa das Bestas vive unha segunda xornada "accidentada e chuviosa"

Os aloitadores e aloitadoras rapan 81 animais no día de hoxe.
A autora do libro, Lola Varela.
Axenda

Lola Varela presenta na Estrada a súa novela "Feminismo de proximidade"

A presentación de "Feminismo de proximidade" terá lugar no MOME da Estrada a partir das 20.00 horas
O escritor Xosé Manuel Martínez Oca na Coruña (Foto: Arxina).
CULTURA

Xosé Manuel Martínez Oca: "Un simple encontro pola rúa con alguén pode darme pé a escribir algo"

A iniciativa anual da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de honrar unha ou un membro da entidade na súa terra viaxa este sábado á Estrada. Nesta ocasión a homenaxe é para Xosé Manuel Martínez Oca, prolífico novelista, que reflexiona para Nós Diario sobre a súa traxectoria.