A Estrada

A voltas co 'comanche': Zapato Veloz exixe unha "rectificación pública" de Xoán Reices, que reitera que "é unha canción machista"

A banda de orixe asturiana emite un comunicado, ao que tivo acceso 'Nós Diario', no que cualifica de "lamentábeis" as declaracións do candidato á Alcaldía da Estrada do BNG, Xoán Reices, quen reitera que a canción, que di nunha estrofa "soy de los que pasan a las indias por la piedra", "asenta a idea da cultura da violación". Pola súa parte, a produtora de Zapato Veloz afirma que "será que a canción só lle 'esperta' a el os seus instintos máis maníaco-sexuais".

Á esquerda, os actuais integrantes de Zapato Veloz, Eros Pérez, Jonatan Castaño y José Manuel Martinez, que retomaron en 2019 o legado iniciado a comezos dos 90; á dereita, a atracción 'El Torito Vacilón', na Estrada, obxecto da polémica. (Fotos: Zapato Veloz | Asociacion de Comerciantes da Estrada)
photo_camera Á esquerda, os actuais integrantes de Zapato Veloz, Eros Pérez, Jonatan Castaño y José Manuel Martinez, que retomaron en 2019 o legado iniciado a comezos dos 90; á dereita, a atracción 'El Torito Vacilón', na Estrada, obxecto da polémica. (Fotos: Zapato Veloz | Asociacion de Comerciantes da Estrada)
Comentarios