A Coruña

Detalle dunha das obras que se poden ver na exposición, na que se mostra unha gaita debuxada por Picasso.
CULTURA

'Picasso branco no recordo azul' afonda na infancia do artista na Coruña

A exposición indaga na influencia da Galiza na súa pintura
Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
Sanidade

Denuncian que o protocolo XIDE do Sergas "vulnera o dereito á privacidade" e "sobrecarga máis" o persoal

A CIG reclama a retirada deste novo sistema orientado a regular a accesibilidade das e dos pacientes nos ambulatorios, que se ven obrigados a "contar o que lles pasa no mostrador", onde o resto de persoas "pode escoitalo todo".
José Gestal 'Cardoña' e a súa filla Matilde.
star
CULTURA

A mirada humilde do fotógrafo Cardoña

José Gestal, 'Cardoña', foi un deses fotógrafos populares que percorrían as aldeas creando un arquivo de imaxes que hoxe nos permite coñecer unha parte do que fomos no pasado. O Centro Ágora da Coruña acolle a estrea do documental 'Cardoña, fotos a 7 pesetas' que, dirixido por Carlos Lorenzo, relata a súa historia e permite coñecer os pormenores do oficio dos fotógrafos que traballaban no rural galego.
Sergio Peñamaría, primeiro pola dereita, entregando a medalla de ouro da Coruña a Pedro Barrié de la Maza en 1962. (Foto: El Pueblo Gallego)
MEMORIA E HISTORIA

Denuncian o Concello da Coruña na Fiscalía por incumprir a Lei de memoria

"Vémonos obrigados por hixiene democrática", salientan desde a CRMH, aludindo aos símbolos franquistas aínda presentes na cidade, nomeadamente as referidas ao ex alcalde e represor na ditadura Sergio Peñamaría de Llano.
Protesta fronte a fábrica de Alu Ibérica, na Coruña, o pasado 14 de marzo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A UE impulsa a recolocación do persoal de Alu Ibérica

Bruxelas propón 1,2 millóns de axudas.
Darío Xohán Cabana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Darío Xohán Cabana será homenaxeado na Coruña o Día da Poesía

A homenaxe, de entrada libre, terá lugar na Fundación Luís Seoane (A Coruña) e poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal e a canle de Youtube da RAG.
Fotograma de 'Código emperador', o filme de Jorge Coira que abriu a Semana do Cinema Galego.
CULTURA

'Código Emperador', de Jorge Coira, dá comezo á Semana do Cinema Galego

Esta cuarta feira proxectarase no Teatro Colón da Coruña o documental 'María Casares. A muller que viviu mil vidas'.
Montse Fajardo, Xurxo Couto, María Xosé Bravo e Carlos Babío.
MEMORIA E HISTORIA

A loita das mulleres móstrase na Coruña

A exposición 'Sinaladas' divulga o papel das mulleres en movementos emancipadores.
Os feitos denunciados producíronse na Rolda de Nelle da Coruña. (Foto: Google)
Violencia machista

Detido un home na Coruña por agredir unha moza de 19 anos

O home foi arrestado por un presunto delito de violencia machista.
Fotograma do filme 'O corpo aberto'.
CULTURA

Esta terza feira comeza na Coruña a cuarta edición da Semana do Cinema Galego

Código Emperador será o filme inaugural e na súa presentación intervirán o director Jorge Coira e a produtora Emma Lustres.
Centos de persoas protestaron este sábado na Coruña contra o desenvolvemento da eólica mariña na Galiza (Foto: M. Dylan - Europa Press)
TRABALLO

Centos de persoas rexeitan a eólica mariña na Coruña: "Un golpe mortal para o sector pesqueiro"

O sector pesqueiro maniféstase ante a Delegación do Goberno do Estado español na Coruña: "Non queremos a eólica mariña porque vai ser unha desfeita".
patinete eléctrico (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Ferido un mozo na Coruña pola explosión da batería dun patinete eléctrico

Foi trasladado en ambulancia ao Chuac.
Francisco Jorquera e Ana Pontón esta quinta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG presenta Francisco Jorquera como o único alcaldábel "coas mans libres para defender a Coruña"

O proxecto que lidera Jorquera, afirmou Pontón, será capaz de colocar á cidade “na vangarda en urbanismo, nunha mobilidade sustentábel e no acceso á vivenda".
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei. (Foto: Andy Pérez)
POLÍTICA

Inés Rei lidera unha lista anovada nun 40% para o 28-M na Coruña

José Manuel Laxe e Yoya Neira irán de dous e de tres na candidatura.
O cifio que apareceu varado na praia das Amorosas da Coruña. (Foto: Cemma)
MEDIO AMBIENTE

A 'lección' aprendida do quinto zifio varado este ano: "Devolveunos algo que é exclusivamente noso, os residuos plásticos"

O elevado número de varamentos nas últimas datas pon en alerta o equipo da Cemma. O impacto da contaminación do ecosistema mariño por mor dos plásticos é tan grande, advirten, que "aínda que hoxe deixásemos de deitar plásticos e lixo mariño ao mar, milleiros de millóns de seres vivos morrerán".
Instalación de eólica mariña de Iberdrola en Escocia (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A coordinadora 'Eólica, así non' mostra o seu rexeitamento ao Plan estatal de eólica mariña

O colectivo apoia a convocatoria de manifestación da Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños para o próximo 11 de marzo na Coruña.
Margarita Ledo nun fotograma do documental de Xisela Franco. (Foto: Filmin)
CULTURA

Directoras de cine centran o ciclo de marzo da Filmoteca da Galiza

As galegas Margarita Ledo e Diana Toucedo forman parte da programación do ciclo
Ana Baneira, entrevistada esta quinta feira na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
CON VÍDEO

Ana Baneira, após ser liberada: "Non son activista, entrei no Irán de paso"

A coruñesa detida no Irán rememora a súa detención arbitraria: "De súpeto meteuse no coche a Policía, detivéronme, metéronme noutro coche e de aí a unha sala de interrogatorios". Despois de "bastantes horas" de interrogatorio, dixéronlle que "non era suficiente e que había que continuar" e tivo que entrar no cárcere, "e aí empezou". "Non me explican nada, a partir de aí empeza o proceso de interrogatorios e todo o proceso xudicial", afirma.
Concentración en condena do asasinato de Diego Bello (Foto: Plataforma Xustiza para Diego).
SOCIAL

Os tres policías acusados de asasinar o galego Diego Bello nas Filipinas decláranse inocentes

Sobre os tres policías pesaba unha orde xudicial de arresto e prisión sen fianza desde o 25 de marzo do ano pasado.
Isabel Risco, Manel Cráneo e Carlos Ares, na presentación do libro. (Foto: Maribel Valdivieso)
star
CULTURA

Nabiza Girl é agora protagonista dun cómic de aventuras

Nabiza Girl, o personaxe teatral creado por Isabel Risco, é a protagonista do cómic 'As aventuras de Nabiza Girl, Operación Breogán', guionizado pola propia Risco xunto con Carlos Ares, e ilustrado polo deseñador Manel Cráneo. Esta banda deseñada, que vén de saír do prelo, narra a misión que debe levar a cabo a protagonista para atopar a espada de Breogán. Na trama, chea de rivalidade, aventuras, amor e acción, Nabiza Girl loita pola Galiza con humor e naturalidade.