A Xunta manobra para que Ence continúe en Lourizán
O Goberno galego preguntará ao Consello Consultivo se é posíbel que a pasteira pase a formar parte dos terreos do porto de Marín
O Goberno galego preguntará ao Consello Consultivo se é posíbel que a pasteira pase a formar parte dos terreos do porto de Marín
A convivencia social pero, sobre todo, os traballadores da factoría de Lourizán son os grandes derrotados desta liña de actuación. Utilizados nunha guerra partidista contra o Goberno local e cada día máis illados polos métodos de loita empregados, a súa única saída laboral pasa por un acordo dos poderes públicos, fundamentalmente a Xunta e o Estado, que posibilite a continuidade da súa actividade nun emprazamento permitido pola lei.
O conselleiro de Industria demanda ao Goberno español "concretar" fondos europeos para o traslado da pasteira e pide un encontro en Galiza para analizar o futuro da empresa.
O líder do PSdeG reclama ao presidente da Xunta que “exerza as súas competencias” e propoña unha “localización alternativa” para a pasteira de Ence.
A compañía convocará os inversores a principios da vindeira semana e recorrerá a anulación da prórroga ante o Tribunal Supremo.
O Goberno de Núñez Feixoo cualifica de “golpe irreversíbel” a Galiza a anulación da prórroga a Ence.