Opinión

Ence, fóra

A Audiencia Nacional considera ilegal a prórroga da concesión a Ence outorgada polo Goberno de Raxoi en funcións. Un paso decisivo para que a pasteira saia da ría de Pontevedra. A sala do contencioso-administrativo estimou o recurso do Concello de Pontevedra e o de Greenpeace contra as resolucións do Goberno de Mariano Raxoi en funcións polas que se acordou prorrogar a concesión de Ence por un período de 60 anos e anula dita prórroga.

A sentenza é susceptíbel de recurso de casación perante o Tribunal Supremo mais xa deixa sobre a mesa o que moitos levan mantendo desde hai anos: o “fracaso estrepitoso” que acumularon nestes anos empresa, Goberno da Xunta e Goberno do Estado a defender contra toda lóxica e evidencia o que nunca tivo razón de ser: unha pasteira ao pé dunha xoia ambiental e produtiva; unha afronta á veciñanza dunha cidade e dunha comarca.

É unha nova histórica, polo que ten de paso de xigante de todo un movemento cidadán - na cidade, na comarca e na Galiza - que nunca quixo renderse e tirar a toalla malia ter que vogar contra vento e maré. Hoxe Pontevedra é un bocadiño máis pontevedresa e galega.   Porque ENce está un bocadiño máis perto de estar fóra da Ría. Parabéns ás que o loitaron.

AAudiencia Nacional considera ilegal a prórroga da concesión a Ence outorgada polo Goberno de Raxoi en funcións. Un paso decisivo para que a pasteira saia da ría de Pontevedra. A sala do contencioso-administrativo estimou o recurso do Concello de Pontevedra e o de Greenpeace contra as resolucións do Goberno de Mariano Raxoi en funcións polas que se acordou prorrogar a concesión de Ence por un período de 60 anos e anula dita prórroga.

Comentarios