Ence debía abandonar a ría de Pontevedra en 2018

A agardada sentenza da Audiencia Nacional sobre a legalidade da prorroga concedida a Ence en 2016 polo Goberno de Mariano Raxoi para se manter na ría de Pontevedra até 2073 é un feito. O mesmo día no que a pasteira convocaba a veciñanza de Pontevedra a unha manifestación na cidade do Lérez para defender a continuidade da factoría na súa actual localización, o tribunal aceptaba na súa totalidade o recurso presentado polo Concello de Pontevedra. O fallo xudicial considera que Ence debía ter abandonado a ría en 2018. 
Factoría de Ence na ría de Pontevedra, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
photo_camera Factoría de Ence na ría de Pontevedra (Foto: Europa Press)