O preocupante impacto do desastre climático na Galiza

O país que xa non sangra auga

Rosalía de Castro falaba dun país onde, ao pisar, abrollaba a auga por debaixo das botas do camiñante. A Galiza foi narrada como terra húmida, e sobre ela sobrevoou o alcume de que aquí sempre chovía. Ás veces, con razón. Co recente informe do IPCC (Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, polas súas síglas en inglés) das Nacións Unidas na man, a nosa realidade tópica pode ser, está a ser agora mesmo, unha afastada Arcadia, cada vez máis distante, por mor da crise climática que leva décadas asolando o globo. A Galiza do futuro, lonxe de amosar un cambio de tendencia, comeza a dar pistas do que nos pode agardar de non tomar outra dirección: terra cada vez máis seca, praias desaparecidas pola suba do mar, altas temperaturas e a morte de animais propios e flora autóctona.
Os incendios serán cada vez máis comúns, segundo o informe 
do IPCC. Foto: SGHN
photo_camera Os incendios serán cada vez máis comúns, segundo o informe do IPCC. Foto: SGHN
Se un percorre nun media distancia ou rexional da Renfe a xeografía do país, poñamos por caso un tren que percorra o chamado eixo atlántico, da Coruña a Vigo, pode observar as numerosas feridas que…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios