8M: Día Internacional das Mulleres Traballadoras

Somos obreiras, somos 8 de marzo

Todas as mobilizacións convocadas na Galiza para este 8 de marzo (Infografía: Nós Diario).
SOCIAL

8 de marzo: aquí tes o mapa coas mobilizacións na Galiza

Estas son as concentracións convocadas en todo o país por Galegas 8-M, CIG, CCOO e CUT.
Presentación das propostas do BNG de cara ao 8 de marzo, esta segunda feira, en Moaña (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG avoga polo feminismo "de proximidade" desde o municipalismo

A deputada Noa Presas defende "outra forma de facer política", integrando a "perspectiva de xénero" e apostando en pór "lentes lilas", porque "os concellos feministas non benefician só as mulleres, senón o conxunto da sociedade".
O escritor e director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, nunha autofoto (Foto: F. Castro).
CULTURA

Francisco Castro: "Vivimos nunha sociedade machista e patriarcal, hai que dicilo con total claridade"

Esta semana chegou ás librarías Isto SI é un home, o primeiro ensaio de Francisco Castro, escritor e director xeral da Editorial Galaxia. No libro o autor sinala a sociedade patriarcal e o machismo desde a súa propia condición de varón. En conversa con Nós Diario reflexiona sobre a revolución feminista e as razóns que ten para apoiala.  
A representante do BNG Olalla Rodil. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Olalla Rodil: "Temos que incomodar a sociedade para que vexamos e detectemos o machismo"

A campaña que o BNG ten lanzado neste 2022 co gallo do 8 de marzo ten suscitado unha importante polémica. Nós Diario fala coa viceportavoz parlamentaria e vicerresponsábel de comunicación do BNG, Olalla Rodil, sobre a xestación da mesma.
Manifestación do 8 de marzo de 2021, en Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

Estas son as mobilizacións convocadas para o vindeiro 8 de marzo

A plataforma Galegas 8M chama a mobilizarse baixo o lema "Nin escravas, nin heroínas, mulleres con dereitos xa!".
Acto de presentación da campaña do BNG para o 8-M. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Olalla Rodil, sobre a campaña do BNG para o 8-M: "Esta campaña está dirixida a falar sobre os dereitos das mulleres"

O BNG presentou na quinta feira a súa campaña para o 8-M.
Un intre do Encontro Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza. (Foto: Noa Presas)
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza aposta por un 8-M máis combativo

O Encontro Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acorda orientar o traballo cara a conquista de medidas concretas a través de accións máis incisivas e combativas.
Manifestación do 8 de marzo decorrida na Coruña. (Foto: CIG) #vulneración #dereitos #dereitosfundamentais #xunta #folga #cig #8m
TRABALLO

O TSXG recoñece que a Xunta “vulnerou o dereito fundamental de folga” o 8 de marzo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declara a nulidade dos servizos mínimos fixados para ese día após estimar de forma parcial un recurso presentado pola CIG. En concreto, o auto apoia a versión da central sindical "na impugnación dos centros dependentes de Política Social, transporte de residuos, centros educativos (persoal coidador, de limpeza e comedores), MeteoGalicia, Axencia Tributaria da Galiza, Servizo de Epidemioloxía e de Doenzas Transmisíbeis e CRTVG".
Performance durante unha manifestación feminista convocada por Galegas8M en Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Do 8-M ás asembleas de barrio

Ximena González, da Marcha Mundial das Mulleres, chama por unha organización en rede que coadxuve a transformar a realidade en diferentes planos e que cree unha axenda que teña presentes as loitas concretas. 
A escritora Montserrat González Álvarez cun exemplar do 'Manifesto 25N' (Nós Diario).
CULTURA

Montserrat González: "A poesía galega actual está comprometida sempre co momento social no que vive"

O 'Manifesto 25N' reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, desde a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller.  A idea xurdiu a partir dunha iniciativa singular, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba, que traballa en Cospeito. 'Nós Diario' fala coa súa actual presidenta, Montserrat González Álvarez, desta particular iniciativa e da entidade que a levou a cabo, formada por escritoras e escritores que loitan por conservar e espallar o patrimonio e a cultura tomando como eixe emblemático a fortaleza símbolo da resistencia da nobreza galega.

Historias dende o xornalismo máis puro

Ensaiando a cegueira tras dous mil e 21 anos de perdón

mosaico
Unha mostra efémera con mensaxes entrelazadas en 3.000 máscaras

"Coidarnos", a homenaxe de Luz Darriba ás mulleres viste a Deputación en Vigo

Unha intervención artística para conmemorar o 8-M que colga da fachada da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo lembro o traballo sanitario e contén mensaxes de tres milleiros de mulleres.
australia_asasinadas_2008-2021
INTERNACIONAL

O 8-M máis alá do 8 de marzo

As reivindicacións do Día Internacional das Mulleres, os motivos para saír ás rúas a protestar, continúan a estar vixentes. A desigualdade e a violencia machista non desapareceron dunha semana para outra. O 8-M segue a ser necesario alén do 8 de marzo. 

Da mañá do 8-M

Nazis

A calma

Unha fila

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, a líder do BNG, Ana Pontón, e o do PSdeG, Gonzalo Caballero, no pleno do Parlamento (Fotos: Arxina).
POLÍTICA

Feixoo pospón sen data a reunión solicitada pola oposición sobre a crise

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, defendeu hoxe no pleno da Cámara galega pospor a reunión coa líder do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, até que se feche a comisión parlamentar de reactivación económica e social.