Terra Chá

Turbinas operativas por concello en xaneiro de 2022, segundo dispón o DOG na orde que regula o Fondo de Compensación Ambiental. (Infografía: Nós Diario)
SOCIAL

O mapa da enerxía eólica: estes son os aeroxeradores xa operativos en cada concello, coa comarca da Terra Chá á cabeza

Galiza produce na actualidade máis enerxía eléctrica da que consome, e a xerada pola forza do vento cobre a metade da demanda; porén, hoxe están a tramitarse máis de 300 parques que elevarían a produción eólica a 185% do consumo total do país. A Terra Chá concentra un de cada cinco dos 4.018 muíños en funcionamento.
O escritor Brais Lamela abre co seu libro a colección Rúa de Lagarto, da Fundación 'Euseino?'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Brais Lamela: "Na literatura galega hai exemplos de mulleres desaparecidas que viven experiencias extremas"

Brais Lamela, escritor, fala da súa primeira obra, 'Ninguén queda', publicada polo selo editorial da Fundación 'Euseino?', unha organización non lucrativa independente, e no que se combinan fórmulas propias do ensaio interpretativo coas estratexias da ficción. Lamela fala das experiencias de desprazamento e da experimentación na escrita, como el di, “xogar coas xenealoxías literarias e mesturar o real coa ficción”.

Terra Chá

Un vehículo de bombeiros durante unha intervención en Bueu (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

Falece un home en Vilalba tras incendiarse a súa vivenda por completo

Unha vivenda en Ourense e un edificio en Miño tamén sufriron os efectos do fogo.
Maite Ferreiro (diante), con representantes de asociacións culturais, esta semana, xunto á Torre de Caldaloba.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo inicia a recuperación dos restos do castelo

Caldaloba, testemuña da Historia galega

Un monumento de gran valor arqueolóxico e histórico e cun potente simbolismo para a historia da Galiza agoniza a piques de se derrubar. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dá o primeiro paso para a protección, recuperación e posta en valor da Torre 
de Caldaloba, en Cospeito.

En Vilalba, Terra Cha!

Aeroxeradores en vermello e liñas de evacuación en azul dos parques eólicos de Boura, Ventisca e Monzón. (Foto: Plataforma Monfero di Non)
ECONOMÍA

A serra de Meira, afectada polos eólicos

A burbulla eólica ameaza as comarcas de Meira e da Terra Chá. Actualmente atópanse en tramitación catro instalacións, promovidas por Greenalia e Green Capital Development, que suman no seu conxunto unha potencia instalada de 278 megawatts e que afectan a núcleos de poboación e terras de alto valor agrícola.

Benzón, Darío

Traballo inicial para o cribado do terreo e a extracción do seixo (Foto: Erimsa).
SOCIAL

A explotación do seixo, unha "ameaza" para o solo agrícola na Galiza

Erimsa poderá extraer seixo de máis de mil hectáreas de uso agrícola no concello de Frades. A declaración de impacto ambiental favorábel que vén de emitir a Xunta presupón o visto bo a unha concesión que a empresa suma a outra anterior na mesma contorna. Mentres, na Terra Cha, os plans da mineira continúan paralizados.
Reunión da Comisión contra as minas da Terra Chá. (Foto: Comisión contra as minas da Terra Chá)
SOCIAL

Detectan actividade mineira "ilegal" en Cospeito

A Comisión contra as Minas da Terra Chá asegura que Erimsa ofreceu contratos de arrendamento de terras á veciñanza dunha parroquia a pesar de que as súas solicitudes de permisos foron desestimadas. Pola súa parte, a Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non continúa a vixiar os momentos de Cobre San Rafael.
Parque eólico en Muras. (Foto: Santi Villamarín)
ECONOMÍA

Terra Chá: pouca renda, pero moita enerxía renovábel

OEG advirte do impacto dos eólicos no despoboamento da Terra Chá
A protesta levou a etiquetaxe de denuncia ás grandes superficies de alimentación de Vilalba (Nós Diario).
TRABALLO

Colectivos e sindicatos visibilizan a precariedade de Surexport na Galiza

Meses de denuncias por precariedade laboral, contaxios coa pandemia e unha morte o pasado mes de agosto puxo en evidencia a situación laboral do persoal que traballa recollendo froitos  vermellos para a empresa Surexport. Colectivos e sindicatos buscan agora concienciar á poboación e ás grandes superficies.

A escultura de Manuel María o día da súa inauguración( (Casa-Museo Manuel María).
CULTURA

Manuel María conta xa cunha escultura en Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos realizou este sábado unha homenaxe ao escritor chairego no que se inaugurou unha escultura diante da Casa de Cultura de Vilalba. Desde esta entidade seguen reivindicando que a Casa da Cultura leve tamén o nome do escritor.

A Terra Chá, O Courel e Taramancos

Tala de piñeiros pola moratoria ao eucalipto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Dúas plantacións "ilegais" de eucalipto na Terra Chá ameazan a actividade agrogandeira

Unha asociación da bisbarra denuncia ante a Consellaría de Medio Rural que esta especie ocupa máis de 100 hectáreas en cinco concellos. Lamenta a falta de control desta aposta forestal cando hai "escaseza de terras para os gandeiros".
Manuel María nunha conferencia en 1950. (Foto: Arquivo Casa Museo Manuel María)
star
CULTURA

Terra Chá

'Terra Chá' é o libro máis representativo de Manuel María (1929-2004). Traballou nel ao longo de medio século pasando, en sucesivas achegas, dos 55 poemas da primeira edición aos 144 da definitiva. Manuel María abandona a poética intimista, existencial e irracionalista dos libros anteriores ('Muiñeiro de Brétemas', 'Morrendo a cada intre' e 'Advento') e ábrese a unha poesía étnica, antropolóxica e social, ollando a realidade circundante e expresándoa dun xeito directo e intelixíbel. 
A fortaleza de Caldaloba, en Cospeito. (Foto: Vila Auria)
star
O castelo é un símbolo da resistencia contra Castela

A cultura mobilízase para salvar o legado patrimonial de Caldaloba

Fai parte da xeografía da Galiza rebelde. O seu nome está asociado á revolución galega contra Castela das décadas finais do século XV e entre os seus muros vai resistir até a morte Constanza de Castro, a outra filla valente do mariscal Pedro Pardo de Cela. Abandonada á súa sorte desde hai décadas e nun estado de conservación máis que precario, as asociacións culturais da Terra Chá demandan agora da Xunta da Galiza actuacións urxentes para evitar a ruína total da torre de Caldaloba e a súa posta en valor.

Casa de Hortas

392 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Paseo fluvial e literario polo río Madanela

O concello de Vilalba atópase no centro-norte da Terra Chá, entre a chaira e as serras do Xistral e A Carba. 

Manual para rachar o silencio