O castelo é un símbolo da resistencia contra Castela

A cultura mobilízase para salvar o legado patrimonial de Caldaloba

Fai parte da xeografía da Galiza rebelde. O seu nome está asociado á revolución galega contra Castela das décadas finais do século XV e entre os seus muros vai resistir até a morte Constanza de Castro, a outra filla valente do mariscal Pedro Pardo de Cela. Abandonada á súa sorte desde hai décadas e nun estado de conservación máis que precario, as asociacións culturais da Terra Chá demandan agora da Xunta da Galiza actuacións urxentes para evitar a ruína total da torre de Caldaloba e a súa posta en valor.
A fortaleza de Caldaloba, en Cospeito. (Foto: Vila Auria)
photo_camera A fortaleza de Caldaloba, en Cospeito. (Foto: Vila Auria)
O tecido cultural da Terra Chá vén de unirse para exixir a recuperación do castelo de Caldaloba . Demandan das administracións “a súa posta en valor para descubrir e afondar no coñecemento…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios