Homenaxean os Mártires de Sobredo no centenario do seu asasinato
28 de novembro de 1922 eran asasinados en Sobredo (Tui) dous labregos e unha labrega no marco das protestas campesiñas contra o sistema foral e o réxime da I Restauración. 100 anos despois, o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo rende homenaxe ás vítimas daquel masacre executado pola Garda Civil e lembra un capítulo decisivo da rebeldía galega nas décadas iniciais do século XX.
Tui homenaxeará os mártires de Sobredo, "na memoria 100 anos despois"
Sobredo homenaxea seus mártires e a Meirás
A conmemoración anual dos sucesos de 1922 conectou, coa intervención do investigador Carlos Babío, a defensa dos dereitos labregos que tamén tivo lugar en Meirás.
“Hai unha conexión moi clara entre Sobredo e a represión do 36”
Con motivo do 95 aniversario do asasinato de Cándida Rodríguez González, que estaba embarazada e era veciña de Pazos de Reis (parroquia de Tui); Joaquín Estévez Besada, de Soutelo (Parroquia de Salceda de Caselas), e Venancio González Romero, de Budiño (parroquia do Porriño), a directora do Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo”, Marga do Val, contexualiza nesta conversa os feitos que aconteceron o 28 de novembro de 1922 en Sobredo (lugar da parroquia de Guillarei, Tui) unha época de forte contestación social desde o agro. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273.
Sobredo lembra e honra os seus ‘mártires’
Máis un ano, este lugar de Tui acolleu a xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros.
Sobredo 1922: A rebeldía agromou da Terra.
Esta semana debullamos os sucesos de Sobredo, que constituirán un fito na loita antiforal na Galiza e unha páxina tráxica na nosa historia. Xa á venda na nosa loxa.
Mártires de Sobredo, Guillarei (1922-2013)
Aquelas e aqueles labregos daban unha lizón de dignidade e xustiza, paradigma rebelde, nunha Galiza rica, mais empobrecida por un colonialismo salvaxe. O berro popular contra aquela tiranía feudal daría unha grande escola de cadros en favor dos intereses de Clase. Moitos daqueles labregos serían dirixentes ao pouco en conflitos no medio urbano de diversa índole.