Un 28 de novembro de 1922, no lugar de Sobredo (Tui), a garda civil disolvía a tiros unha manifestación contra o embargo a un veciño que se negara a pagar as rendas dun foro. Dous dos seus veciños, Joaquín Estévez e Venancio González, e unha veciña, Cándida Rodríguez, resultarían asasinados por defenderen a dignidade dos labregos e das labregas.
Agora, 97 anos despois, o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (Ieams) organiza unha nova edición do homenaxe que as veciñas e veciños levan a cabo a carón do monumento de 1932 que lembra os asasinados, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro.
Este ano o comezo dos actos está previsto para as 11 horas, sendo o invitado especial Carlos Babío, investigador da memoria, tendo lugar após súa intervención a actuación do grupo de gaitas Folieiros.