Saúde mental

Forqué

Verónica

A Galiza ten unha ratio de 3,5 psicólogos por cada 100.000 habitantes, moi inferior á media estatal. (Foto: Nós Diario).
star
Petición de transparencia de 'Nós Diario'

O Plan galego de saúde mental, lonxe de mellorar o servizo

Na Galiza hai actualmente 3.186 persoas agardando a seren atendidas por un ou unha psicóloga clínica no Sergas, cun tempo medio de espera de 55,7 días. Así o confirmou Sanidade a 'Nós Diario' a través dunha solicitude de transparencia. Porén, o dato estraña ás propias profesionais, que falan de "até seis meses de agarda" e advirten da saturación dun servizo que conta coa peor ratio de persoal do Estado após Andalucía. A Xunta comprometeuse a efectuar 45 contratacións até 2024, mais daquela a ratio seguirá a estar por baixo da media estatal.

Axuda

No burato

A Galiza é, despois de Asturias, o territorio do Estado español cunha maior taxa de suicidios. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

"Está aumentando a frecuencia e a gravidade das condutas autodestrutivas"

O suicidio é a principal causa desatendida de morte prematura. A comunidade experta alerta dun aumento de tentativas entre a poboación moza, reflexo dun sufrimento que non admite máis demoras.
Hospital_psiquiátrico_de_Conxo
SOCIAL

Defensor del Paciente pide á Fiscalía que investigue a situación no psiquiátrico de Conxo

Belén Vázquez Gómez é matrona no Hospital de Verín.
SOCIAL

Belén Vázquez, matrona en Verín: "A saúde mental non se ten en conta no embarazo, só os coidados físicos"

Belén Vázquez Gómez (Ourense, 1981) é psicóloga e matrona, profesión que exerce desde hai sete anos no Hospital de Verín. Esta quinta feira recolle o Premio de Psicoloxía Rafael Burgaleta que concede o Colexio de Psicoloxía de Madrid polo traballo 'Depresión no embarazo e perfil de risco: É só depresión?' que asina a canda a profesora da USC Carmen Míguez. 
 
O suicidio é a principal causa de morte externa por detrás dos accidentes de tráfico.
SOCIAL

“Atención de saúde mental para todos: fagámola realidade”

Co Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra cada 10 de outubro, procúrase sensibilizar a poboación e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e da defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Tamén reivindicar unha atención digna e recursos de calidade. 

Anxo Lugilde, na entrevista concedida o pasado outubro a 'Nós Diario' (Foto: Arxina).
SOCIAL

Anxo Luxilde: "Non vexo a miña vida futura atada á depresión, o meu desexo é liberarme dela"

O xornalista e politólogo Anxo Luxilde (Lugo, 1970) presenta estes días na Galiza 'A vella compañeira' (Luzes). Unha sorte de caderno de viaxes ameno e descarnado, salpicado de episodios históricos, dos que se vale para facer memoria e contar a depresión. A súa, contra a que loita desde 30 anos. Unha chamada a combater o estigma desde a saúde mental.
A pandemia ten disparado as patoloxías mentais. (Foto: Europa Press)
star
A saúde mental, esquecida

Máis de 7.000 galegas agardan por atención psiquiátrica no Sergas

Os servizos de atención de saúde mental enfrontan a súa tormenta perfecta. A un tempo, aumentan de maneira exponencial as doenzas mentais derivadas da pandemia, cun importante incremento das patoloxías concentradas de maneira particular nas persoas adolescentes, na liña do sinalado polos informes da Organización Mundial da Saúde (OMS) para os Estados occidentais. Por outra banda, a falla de medios materiais e, sobre todo, humanos, como consecuencia das políticas de recortes aplicadas pola Xunta da Galiza impide prestar a asistencia que require a situación.
Na Galiza perto de 70.000 persoas padecen esta doenza, que tarda 20 anos en desenvolverse (Foto: Europa Press).
Día Mundial do Alzhéimer

A detección precoz, chave para frear o deterioro cognitivo do Alzhéimer

Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galiza, advirte a Nós Diario dun "gran retraso nos tempos de valoración" das e dos doentes de demencia.
Acto na praza do Toural (Compostela) para lembrar as 307 persoas falecidas por suicidio na Galiza en 2020. (Foto: Arxina) #saúdemental #suicidios #falecidos
SOCIAL

Máis de 3.000 suicidios nunha década, ao tempo que a Xunta "ignora" a situación

307 badaladas soaron en Compostela no Día Mundial para a Prevención do Suicidio, lembrando a cada unha das persoas que faleceron o ano pasado na Galiza.

Cinzarradas dixitais

307 mortes

Acción do Movemento Galego da Saúde Mental polo Día Internacional da Prevención do Suicidio (Imaxe: MGSM).
SOCIAL

Evitar o suicidio é posíbel: Galiza suma arredor de 300 mortes ao ano e urxe reverter o atraso en prevención

Esta sexta feira, 10 de setembro, conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) convoca un acto ás 20 horas na praza do Toural, en Compostela, para lembrar as persoas que falecen cada ano por dano autoinflixido, arredor de 300, e reivindicar o Plan Galego de Prevención do Suicidio.
Profesionais do Sergas (Imaxe: Xunta da Galiza).
SOCIAL

O Colexio de Educadoras Sociais reclama a Sanidade que conte con estas profesionais no Plan de saúde mental

O Colexio profesional de educadoras e educadores sociais da Galiza mantivo unha xuntanza coa Consellaría de Sanidade coa intención de reclamar que a administración pública conte con profesionais da Educación Social no deseño das estratexias e plans de saúde mental. 
Entre a primeira e a segunda consulta de psicoterapia poden pasar até seis meses (Foto: Europa Press).
SOCIAL

"O que dura un partido de fútbol", o tempo de psicoterapia dun paciente no Sergas ao longo dun ano

A demanda de atención psicolóxica ou psiquiátrica por casos de gravidade está a aumentar na Galiza, mais tamén o fan as listas de espera do Sergas. Os profesionais da pública deben atender nunha xornada de sete horas o mesmo número de pacientes que nunha privada ao longo dunha semana.

A xeración de cristal (I)

Borrando o estigma (II)