Evitar o suicidio é posíbel: Galiza suma arredor de 300 mortes ao ano e urxe reverter o atraso en prevención

Esta sexta feira, 10 de setembro, conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) convoca un acto ás 20 horas na praza do Toural, en Compostela, para lembrar as persoas que falecen cada ano por dano autoinflixido, arredor de 300, e reivindicar o Plan Galego de Prevención do Suicidio.
Acción do Movemento Galego da Saúde Mental polo Día Internacional da Prevención do Suicidio (Imaxe: MGSM).
photo_camera Acción do Movemento Galego da Saúde Mental polo Día Internacional da Prevención do Suicidio (Imaxe: MGSM).
Comentarios