quecemento global

inundacion_haiti_LoganAbassi
INTERNACIONAL

Con ou sen pandemia, o Planeta esmorece

Falar da situación da casa común dos seres humanos é falar de malas noticias. Pasan os anos, avanzan as investigacións e a análise é unívoca: fillos e netos vivirán nun mundo ben diferente ao de pais e avós. Nun Planeta hostil, onde os seus actuais moradores continúan obstinados en o facer inhabitábel. E non hai máis que este.
australia_fire_Unsplash_Jo-AnneMcArthur
INTERNACIONAL

O tempo esgótase para o Planeta e os seus moradores

A primeira parte do sexto informe do IPCC, que actualiza o último de 2013, sinala a inequívoca culpabilidade do ser humano no cambio climático e, xa que logo, nos destrutivos e máis frecuentes fenómenos meteorolóxicos extremos. Culpábel e redentor á vez: o humano, di, ten na súa man volver tapar a caixa dos tronos.
EuropaPress_3847641_19_july_2021_austria_amstetten_fire_brigade_emergency_workers_inspect
INTERNACIONAL

O novo mundo: inundacións, secas e lumes

Case 14.000 investigadores claman por unha acción urxente para frear a emerxencia climática ante a intensificación dos fenómenos climáticos extremos, como os incendios en Siberia ou as riadas en varias partes do mundo. A causa, din: a falta de vontade política para conter a "sobreexplotación do planeta Terra".
krill_Sophie Webb-NOAA
INTERNACIONAL

O Atlántico Norte fica sen alimento para os peixes

Son un elo esencial da cadea alimentaria nos mares fríos, do que dependen numerosas especies mariñas. O quecemento das augas e a incapacidade de adaptación reduciron drasticamente a presenza no Atlántico Norte do krill, un crustáceo que, ademais, xoga un papel fundamental para o control da cantidade de CO2 que se emite á atmosfera.
india_plastic_pollution_web
INTERNACIONAL

A humanidade, en "guerra suicida" contra o Planeta

O Planeta ten febre alta e arde. Os efectos da crise climática pódense constatar xa a diario: incendios, inundacións. Pandemias. O dano da humanidade ao ambiente –por mar, terra e aire– afecta flora e fauna, e tamén a propia humanidade. O secretario xeral da ONU volveuno alertar onte por enésima vez.
co2_onu
INTERNACIONAL

A Covid-19 non evitou un novo nivel récord nos gases que quecen a Terra

A acumulación de dióxido de carbono continuou a medrar malia a desaceleración industrial provocada polos confinamentos.
The Getz Ice Shelf helps keep the West Antarctic Ice Sheet stable.

The Getz Ice Shelf helps keep the West Antarctic Ice Sheet stable.

  (Foto de ARCHIVO)

13/6/2019
INTERNACIONAL

O glaciar antártico que agoira a apocalipse

Os últimos estudos científicos constataron, por vez primeira, a presenza de augas mornas baixo o Thwaites, o chamado "glaciar do Día do Xuízo Final", o que explicaría o seu recente e progresivo retraemento. O colapso desta masa de xeo provocaría un efecto en cadea que levaría a unha suba do nivel do mar de até tres metros. 
desxeo
INTERNACIONAL

As ameazas latentes no solo do Ártico

O quecemento global está a xerar un círculo vicioso que evidencia a gravidade da crise climática. No Ártico, onde a temperatura aumenta ao dobre de velocidade que no resto do planeta, o desxeo fai que o CO2 acumulado se desprenda, causando maior quecemento global. Mais non só, tamén se teme polos microbios que alberga no seu solo.
polucion2
INTERNACIONAL

Seis accións climáticas na saída da crise

"Unha fiestra de oportunidade rara e curta para reconstruír o noso mundo para mellor", considerou António Guterres, secretario xeral da ONU, que supón a pandemia. Fíxoo durante a cimeira Diálogo de Petersberg sobre o Clima, onde Angela Merkel se comprometeu por primeira vez co plan de redución de CO2 para 2030 da UE.
antartida
INTERNACIONAL

O quecemento global, máis letal que a COVID-19

Fronte á "temporalidade" do coronavirus, a ONU alerta no Informe sobre o Estado do Clima Mundial en 2019de que a crise climática "é moito peor" e require "de acción continua".
chandrexa-queixa
Quecemento global

A Xunta, convidada pola multinacional Suez, presenta a súa lei de prevención da seca en Madrid

A empresa francesa, que opera principalmente nos sectores de tratamento de aguas e xestión de residuos, organiza un ciclo de debates aproveitando a organización da COP25.

[Imaxe: Consello da Cultura] Carmen Velayos, esta quinta feira en Compostela.
Carmen Velayos, profesora de Filosofía Moral e Política

"Ningunha mensaxe para salvar o clima vai gañar eleccións"

Carmen Velayos (Ávila, 1967) é profesora titular de Filosofía Moral e Política na Universidade de Salamanca. Autora, entre outros, dos ensaios Ética e cambio climático (2008); O cambio climático e os límites do individualismo (2015) e Rachel Carson: a revolución entrañábel, que se publicará proximamente. A pasada quinta feira falou en Compostela convidada polo Consello da Cultura Galega.
Kai Lois Baltrusch Montero, portavoz de Fridays For Future (3)
Kai Lois Baltrusch Montero, portavoz de Fridays For Future

“Os gobernos teñen que comezar a dicir xa a verdade sobre a emerxencia climática”

Esta sexta unha folga mundial impulsada por un movemento de mozas e mozas volverá chamar a atención sobre a irresponsabilidade das persoas adultas dos países máis ricos que están ao mando do planeta e miran cara a outro lado cando escoitan falar de quecemento global. Para as sete e media da tarde está convocada unha manifestación en Compostela; e ás oito, ás da Coruña e Vigo, así como concentracións noutros puntos do país. 
Imaxe de arquivo dunha reunión do G20 na China (Foto: G20).
Os dous países que máis CO2 emiten

A China e os EUA ratifican o acordo climático de París

A China e mais os EUA, os dous países que máis CO2 emiten, aproveitaron a reunión do G20 para ratificaren o acordo climático adoptado en decembro do ano pasado en París para reducir as emisións de dióxido de carbono. O pacto foi fortemente criticado entre os movementos ecoloxistas por ser insuficiente.