O coronavirus é unha enfermidade que esperamos que sexa temporal, con impactos temporais, mais o cambio climático está aí desde hai moitos anos, manterase por moitas décadas e require de acción continua", opina António Guterres, secretario xeral da ONU, e concorda Petteri Talaas, secretario xeral da Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM): é "moi desafortunado" o que está a suceder co coronavirus e as mortes que causou, mais o cambio climático é "moito peor".
Son declaracións efectuadas durante a presentación na terza feira, madrugada de onte na Galiza, do Informe sobre o Estado do Clima Mundial, que publica anualmente desde 2016 a OMM. Advírtese que o mundo está "totalmente descarreirado" do camiño para combater a crise climática, coa suba do nivel do mar acelerándose e con situacións climáticas extremas que están a impactar seriamente na vida humana e na flora e fauna do planeta.
Por exemplo, o cambio climático axuda a propagar o dengue. A metade da poboación está en risco de contraer esta enfermidade. A fame volveu medrar en 2019, e calcúlase que máis de 20 millóns de persoas tiveron que deixar os seus fogares debido a riadas e tormentas.
A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.