praia

WhatsApp Image 2023-11-17 at 17.20.15
SOCIAL

A retirada do veleiro varado en Muros deriva nunha vulneración do dereito medioambiental

Varias escavadoras pasaron por riba do complexo dunar, un espazo natural protexido, sen autorización. 
Os desprazamentos e a maior exposición ao sol en praias e piscinas eleva o número de incidencias sanitarias no verán. (Foto: Europa Press)
Agora

A Galiza rexistra 36 mortes por afogamento no que vai de 2023

A Galiza rexistrou no que vai de ano un total de 36 mortes por afogamento en espazos acuáticos, das cales tres tiveron lugar o pasado mes de outubro. No conxunto do Estado, desde o 1 de xaneiro de 2023 producíronse 379 afogamentos, o que sitúa este ano como o curto peor da serie desde que hai rexistros. Segundo o informe de afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo Catalunya, con 61 mortes por afogamentos non intencionados, é o territorio con máis sinistros destas características seguido de Andalucía, con 58; País Valencià e Canarias, con 44; Galiza, con 36, e Baleares, con 30. Un 75% destes accidentes tiveron lugar en praias, seguidas de piscinas e ríos.
Vista aérea de Nigrán (Foto: Farrangallo).
SOCIAL

Atopan un cráneo e ósos humanos baixo o antigo hotel Praia América de Nigrán

Actualmente, os ósos están en posesión do servizo de criminalística para poder identificar o achado e por tanto,a situación atópase en proceso de investigación.
A praia da Graña, en Ferrol (foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Fechan o baño na ferrolá praia da Graña tras detectarse a presenza da bacteria E.coli

Segundo as analíticas recentes que efectúa a Xunta da Galiza nos areais do país, os parámetros de bacteria E.coli na praia da Graña son superiores aos recomendados.
Exemplares de carabela portuguesa recollidos esta cuarta feira, 30 de agosto, en Ferrol. (Foto: Concello de Ferrol)
SOCIAL

Mantense o feche ao baño nas praias da Coruña pola presenza de carabelas portuguesas, e súmanse as de Ferrol

No areal ferrolán de Santa Comba contabilizaronse máis de 30 exemplares de medusa

Exemplar de carabela portuguesa nunha praia. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A presenza de carabelas portuguesas fecha ao baño as praias da Coruña

O veto afecta os areais de Riazor, Orzán e Matadoiro.
Praia do Con, en Moaña (O Morrazo). (Foto: Turismo da Galiza)
Agora

Fechan ao baño a praia do Con en Moaña, após detectarse un episodio "puntual" de contaminación por fecais

A praia do Con en Moaña (O Morrazo) fechou ao baño esta cuarta feira, 23 de agosto, tras confirmarse a contaminación por fecais nunhas mostras tomadas a pasada fin de semana e cuxos resultados se coñeceron nas últimas horas. Os estudos realizados por Sanidade confirmaron esa contaminación polo que, seguindo o protocolo, puxéronse en coñecemento do Concello de Moaña eses resultados, para que informe os usuarios e usuarias da praia, a única do municipio con Bandeira Azul, e tome as medidas pertinentes. Así, o consistorio moañés procedeu a izar a bandeira vermella no areal e a informar a través de carteis.

Exemplar de medusa recollido na praia de Razo, en Carballo (Bergantiños). (Foto: Europa Press)
Agora

Localizan e recollen varios exemplares de medusas en praias de Carballo e Malpica

Efectivos de socorrismo localizaron e recolleron esta terza feira, 22 de agost, varios exemplares de medusas chegados a praias da comarca de Bergantiños, especialmente en Carballo e Malpica. As medusas foron recollidas e retiradas, aínda que non foi necesario pechar as praias ao baño. A especie que está a xerar “problemas” na zona é a Pelagica noctiluca, unha medusa de cor morada-parda que foi a atopada o sábado e que podería ser tamén a desta terza. No sur da Galiza e na Mariña, con todo, os fechamentos de praias das últimas semanas estiveron motivados pola presenza doutra especie, a 'carabela portuguesa' (Physalia physalis), que produce unha picadura moi intensa e con posíbeis efectos adversos.

Leiteiriñas, 'Euphorbia paralias' na duna de Mar de Rostro, Fisterra. (Foto: Susana Trigo Arcos)
star
Análise

A area dá bicos cantos quer

Susana Trigo Arcos é xeógrafa e ensinante
Un socorrista nun areal da Galiza (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Turistas que non respectan a contorna e que non seguen as recomendacións. O colectivo de socorristas alza a voz

O concello de Valdoviño (Ferrolterra) fechou o mes de xullo con máis dunha decena de rescates. O alcalde do municipio, Alberto González, advirte dunha "falta de respecto" por parte dos bañistas que "non fan caso ás sinalizacións".
Exemplar de carabela portuguesa nunha praia. (Foto: Nós Diario)
Praia

Preocupación na Galiza polo inzamento de carabelas portuguesas: que facer (e que non) ante unha picada?

A presenza cada vez maior deste tipo de organismos nas praias da Galiza, e en especial na comarca da Mariña, fai saltar as alarmas e leva o persoal de socorrismo a precisar como se debe actuar se nos pica unha carabela —que, aínda que poda parecelo, non é unha medusa—.
Exemplar de carabela portuguesa nunha praia galega. (Foto: Europa Press)
Mar

A presenza de carabela portuguesa obriga a fechar ao baño dúas praias na Mariña

O incremento da temperatura da auga trouxo este verán exemplares deste tipo de medusa, moi rechamante, á Galiza.
Pipper-en-ruta2
Máis

Estas son as 13 praias "aptas" para mascotas na Galiza

Esta verán pódese desfrutar da praia en compañía de mascotas en 13 areais repartidos por toda a xeografía galega. As voces que claman eliminar as restricións de acceso para mascotas son unha medida de presión para os Gobernos locais, que cada vez desbloquean máis espazos entre queixas tamén de parte da veciñanza que se sente molesta polos animais.
Praaia de Arealonga, na parroquia redondelá de Chapela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Abertas de novo ao baño as praias de Rodeira (Cangas) e Arealonga (Redondela) após detectárense bacterias

Había unha presenza maior da recomendada da bacteria 'Escherichia Coli'.
Un grupo de rapaces participa nun obradoiro de primeiros auxilios no hospital de Ourense, onde aprenderon a previr os afogamentos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

As imprudencias e os despistes están detrás da maior parte dos afogamentos

Até o 31 de xullo, a Galiza rexistrou 23 mortes no medio acuático.
As praias nudistas reciben cada vez máis persoas con traxe de baño (Foto: Nós Diario).
star
Análise

O nudismo, o corpo e o consumismo

Lola Varela é profesora experta en coeducación.
Praia Fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas (Foto: Turismo Rías Baixas).
Máis

As praias fluviais, en auxe

Os ríos son unha alternativa á masificación.
A praia de Rodeira, en Cangas, nunha imaxe de arquivo (Foto: Turismo da Galiza).
SOCIAL

Prohiben o baño na praia de Rodeira, en Cangas, pola presenza de bacterias fecais

O Concello de Cangas, na comarca do Morrazo, detectou unha presenza maior da recomendada da bacteria 'Escherichia coli' e e prohibiu o baño. A medida continuará até que se reduzan os valores negativos.

sol praia verán (Foto: Nós Diario)
Saúde

Ollo cos ollos: estas son as doenzas oculares que podes contraer por sobreexposición ao sol, a auga salgada e o cloro

As persoas expertas aconsellan como tomar o sol, como bañarse en praias e piscinas ou que tipo de lentes empregar para evitar que os nosos ollos poidan sufrir danos.
Un camping nas illas Cíes (Foto: rudiernst / Adobe Stock).
SOCIAL

Os cámpings galegos rexistrarán unha ocupación media de 90% en agosto

No norte do Estado, cámpings de Cantabria, Asturias e Euskadi tamén alcanzarán 90% de ocupación.