Localizan e recollen varios exemplares de medusas en praias de Carballo e Malpica

Efectivos de socorrismo localizaron e recolleron esta terza feira, 22 de agost, varios exemplares de medusas chegados a praias da comarca de Bergantiños, especialmente en Carballo e Malpica. As medusas foron recollidas e retiradas, aínda que non foi necesario pechar as praias ao baño. A especie que está a xerar “problemas” na zona é a Pelagica noctiluca, unha medusa de cor morada-parda que foi a atopada o sábado e que podería ser tamén a desta terza. No sur da Galiza e na Mariña, con todo, os fechamentos de praias das últimas semanas estiveron motivados pola presenza doutra especie, a 'carabela portuguesa' (Physalia physalis), que produce unha picadura moi intensa e con posíbeis efectos adversos.

Exemplar de medusa recollido na praia de Razo, en Carballo (Bergantiños). (Foto: Europa Press)
photo_camera Exemplar de medusa recollido na praia de Razo, en Carballo (Bergantiños). (Foto: Europa Press)
Comentarios