Os operarios que se atopaban realizando obras de instalación dun ascensor no antigo hotel Praia América de Nigrán (comarca de Vigo), que agora é unha comunidade de veciños, atoparon o que parecen ser, restos óseos humanos.
Segundo confirmaron fontes policiais, foi a sexta feira cando se produciu o achado durante os traballos no oco do ascensor e inmediatamente os operarios chamaron á Garda Civil para informar do acontecido.
Actualmente, os ósos están en posesión do servizo de criminalística para poder identificar o achado e por tanto,a situación atópase en proceso de investigación.
O edificio
O edificio foi fundando nos anos 30 polo empresario e emigrante en Arxentina, Manuel Lemos. Primeiramente, o inmóbel empezou a funcionar como un centro social denominado o 'Pabellón Bleu'.
Posteriormente o edificio denominouse hotel Praia América e despois foi transformado para uso residencial.