A Galiza rexistra 36 mortes por afogamento no que vai de 2023

A Galiza rexistrou no que vai de ano un total de 36 mortes por afogamento en espazos acuáticos, das cales tres tiveron lugar o pasado mes de outubro. No conxunto do Estado, desde o 1 de xaneiro de 2023 producíronse 379 afogamentos, o que sitúa este ano como o curto peor da serie desde que hai rexistros. Segundo o informe de afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo Catalunya, con 61 mortes por afogamentos non intencionados, é o territorio con máis sinistros destas características seguido de Andalucía, con 58; País Valencià e Canarias, con 44; Galiza, con 36, e Baleares, con 30. Un 75% destes accidentes tiveron lugar en praias, seguidas de piscinas e ríos.
Os desprazamentos e a maior exposición ao sol en praias e piscinas eleva o número de incidencias sanitarias no verán. (Foto: Europa Press)
photo_camera Os desprazamentos e a maior exposición ao sol en praias e piscinas eleva o número de incidencias sanitarias no verán. (Foto: Europa Press)
Comentarios