persoas refuxiadas

2019081412425185240
Rubén Sánchez, portavoz do Foro Galego da Inmigración

"No Open Arms o que hai son náufragas"

Máis de 500 persoas resgatadas no Mediterráneo atópanse á deriva a bordo dos barcos Open Arms e Ocean Viking debido á negativa de Italia de acoller migrantes. Ademais, ningún país de Europa amosou a súa disposición para resgatar estas persoas. Sermos Galiza conversa con Rubén Sánchez, portavoz do Foro Galego da Inmigración. Con motivo desta crise humanitaria e para esixir ao Goberno español que actúe, esta plataforma de solidariedade convocou esta quinta feira unha concentración ás 20 horas perante a Subdelegación do Goberno na Coruña.

A “vergoña de ser home” e a indiferenza culpable ante a dor allea. Unhas palabras máis sobre refuxiadas e refuxiados

ana miranda refuxiados
POLÍTICA

Miranda defende a creación dunha rede de europarlamentares solidarios coas persoas migrantes

A eurodeputada participou en Francia nun debate sobre persoas refuxiadas. Chama a traballar pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo.

DjseeM6UcAE-Zq3
No que vai de ano

Máis de 1.500 refuxiadas e migrantes morreron no Mediterráneo

A ACNUR sinala que máis de 1.500 persoas refuxiadas e migrantes perderon a vida tratando de cruzar o mar Mediterráneo nos primeiros meses do ano. Só en xuño e xullo morreron máis de 850 persoas.

O dilema de Europa: compartir refuxiados ou compartir a riqueza

REFUXIADOS
Non terán liberdade de circulación

A nova política migratoria da UE, o norte paga o sul para que acolla as refuxiadas

O acordo de mínimos entre os Estados membros dita a eliminación da cota de acollida para o fluxo de persoas que chegan desde África

viktor orban imaxe BGhu
INTERNACIONAL

Hungria aproba unha lei que criminaliza as ONGs e as persoas que auxilian o colectivo inmigrante

Nova volta de porca das posicións fascistas nun estado membro da UE, duramente criticada por organizacións non gubernamentais, ONU e o Parlamento europeu. Será delito até prestar axuda a persoas refuxiadas que entren no país coa intención de demandar asilo.

García Albiol
INTERNACIONAL

Albiol, a raíz dos refuxiados do Aquarius: “España non pode ser unha ONG”

Ante a acollida do buque, o líder do PPC considera “axeitada” a resposta do goberno estatal de Pedro Sánchez pero matiza que “non pode ser algo habitual”

refuxiadas_ACNUR
INTERNACIONAL

Persoas refuxiadas, compromisos incumpridos

A prometida solidariedade da UE diante da crise das refuxiadas, empurrada polo efecto das guerras que alenta o Imperialismo, ficou en papel mollado. Os Estados membros só cumpriron cunha cuarta parte do acollemento pactado, que xa era mínimo diante da dimensión do problema humanitario. Eis un extracto da análise que publicamos no número 266 de Sermos Galiza.

[Imaxe: Sara Creta/MSF] Resgate de refuxiadas no Mediterráneo
INTERNACIONAL

O Estado español só acolleu 7,5% de persoas refuxiadas que prometera

Só fican 94 días para que remate o prazo e o Goberno central tan só promoveu a acollida de 1.304 refuxiadas e refuxiados das 17.337 que deberían ter chegado ao Estado español.

O refuxiado sirio Ahmad Matar e Leticia Santaballa na Coruña a semana pasada
Sen cifras sobre as persoas desprazadas pola guerra que estarían agora na cidade

A Coruña reivindica o dereito a refuxio cun campamento (sen refuxiados) en Méndez Núñez

A próxima semana os Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, estarán ocupados por un campo de refuxiados improvisado por Acampa con tendas que veñen dos campamentos gregos. A iniciativa pretende concienciar a veciñanza do concello, que se declarou cidade de acollida hai uns meses.

[Imaxe: Sara Creta/MSF] Resgate de refuxiadas no Mediterráneo
A ruta do Mediterráneo, a máis perigosa

Máis de 7.200 persoas refuxiadas perderon a vida en 2016

Cando aínda non rematou o 2016 pode dicirse con certeza que este é o ano cun peor balanzo de mortes de persoas refuxiadas e migrantes. Segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM), faleceron este ano máis de 7.200 persoas refuxiadas e migrantes.

Muro entre Hungría e Serbia construído en 2015
A Garda de Costas e Fronteiras, xa operativa

UE: máis control de fronteiras, menos dereito de asilo

Nun momento en que a crise de refuxiados se agrava e un día despois de que chegasen, nun só día, máis de 11.000 persoas ás costas de Italia, a UE pon en marcha un novo corpo policial que terá como obxectivo “identificar os puntos febles e corrixilos antes de que sexa demasiado tarde”

Refuxiados sirios chegando a Grecia
Dez países que suman o 2,5 do PIB mundial acollen máis do 56% do total

Refuxiados e migrantes, non grazas

Son cifras dadas a coñecer nun informe elaborado por Amnistía Internacional a partir de datos de ACNUR, da Axencia da ONU para a Axuda aos Refuxiados Palestinos, de gobernos e ONG. 

refuxiadas
INTERNACIONAL

O Estado español acolleu menos dun 3% das refuxiadas comprometidas hai un ano 

Das 17.337 acollidas acordadas coa Unión Europea, polo momento só foron tramitadas 500. Galiza recibiu once persoas de nacionalidade siria, que residen desde xullo en Sarria.

Caiuco con migrantes no Mediterráneo_Imaxe ACNUR
INTERNACIONAL

Morren case tantas persoas migrantes no Mediterráneo como refuxiadas reubicadas pola UE

A Organización Internacional para as Migracións (OIM) sitúa en 3.132 a cifra de persoas mortas  no que vai de ano tentando chegar a territorio comunitario por mar e en 3.701 as reasentadas polas intitucións da UE. 

Mudafar e Ahmed
SOCIAL

Dúas crianzas refuxiadas poderían ser acollidas na Coruña

Trátase de Mudafar e Ahmed, dous nenos iraquís que padecen unha doenza hepática. 

Refuxiada_ACNUR
INTERNACIONAL

A explotación sexual na crise de persoas refuxiadas

A Organización Internacional para as Migracións (OIM) advirte do incremento de mulleres procedentes de Nixeria que están a chegar ás costas de Italia e denuncia que o 80% delas se atopan en situación de trata. 

Persoas refuxiadas_Cruz Vermella
SOCIAL

Chegan as primeiras familias refuxiadas a Galiza

Foron reasentadas en Sarria procedentes do Líbano mais son naturais de Siria. 

Open Arms
INTERNACIONAL

"Fechar fronteiras lucra as mafias e provoca que máis persoas morran"

A ONG Proactiva Open Arms desenvolve desde setembro de 2015 tarefas de resgate nas augas do Mar Exeo (na illa grega de Lesbos) e desde o 4 de xullo no Mediterráneo Central, fronte ás costas italianas.