Albiol, a raíz dos refuxiados do Aquarius: “España non pode ser unha ONG”

Ante a acollida do buque, o líder do PPC considera “axeitada” a resposta do goberno estatal de Pedro Sánchez pero matiza que “non pode ser algo habitual”

García Albiol
photo_camera García Albiol

Esta segunda feira, Xavier García Albiol expresou nunha rolda de prensa as súas impresións a respecto da recepción do Aquarius, onde viaxan 629 inmigrantes. O líder do Partido Popular de Catalunya non comparte a decisión do goberno e entende esta dentro dun marco de excepcionalidade. “España non pode converterse nunha ONG onde todo o mundo poida vir”, declarou.

Albiol xustifica que, aínda que a decisión evitará unha catástrofe humanitaria, “os recursos económicos son limitados”, polo que estima que o Estado español “non ten a capacidade” para facer fronte de xeito solvente á situación de crise que sofren os refuxiados. Pola contra, o político conservador bota os balóns fóra e sinala a UE, á que insta a poñerse “en serio” coa xestión da acollida dos refuxiados. “Non é un problema de Italia ou de España, senón de todos os países europeos”, subliñou o presidente do PPC.

A raíz do rescate dos refuxiados por parte de Médicos Sen Fronteiras e Sos Mediterranée, que recalarán no porto de Valencia, o político tamén incidiu en que a súa recepción non debería ser "unha subasta para ver que país é o máis xeneroso". y que tendría que ir acompañado de fondos comunitarios para los Estados que albergan a los migrantes, ha recalcado.

Comentarios