Persoas refuxiadas, compromisos incumpridos

A prometida solidariedade da UE diante da crise das refuxiadas, empurrada polo efecto das guerras que alenta o Imperialismo, ficou en papel mollado. Os Estados membros só cumpriron cunha cuarta parte do acollemento pactado, que xa era mínimo diante da dimensión do problema humanitario. Eis un extracto da análise que publicamos no número 266 de Sermos Galiza.

refuxiadas_ACNUR
photo_camera [Imaxe: ACNUR] Refuxiados

O prazo esgotouse o 26 de setembro e o balance dificilmente podería ser máis negativo. No medio da crise migratoria en Europa derivada de conflitos bélicos, hai dous anos a Unión Europea marcou como obxectivo dar asilo a 182.504 persoas refuxiadas, repartidas entre os Estados membros. Destas, só chegou a acoller un 25%, segundo a Comisión Europea de Axuda ao Refuxiado (CEAR).

2No relativo ao incumprimento dos acordos, a situación varía en función dos Estados. Os países que acolleron máis persoas foron Alemaña (9.887) e Francia (6.433), aínda que tampouco estes atinxiron a cifra acordada. Malta, Noruega ou Liechtenstein si que cumpriron os obxectivos, e Finlandia e Irlanda achegáronse ao comprometido (94% e 76,5%, respectivamente).

Pola contra, Eslovaquia e a República Checa non acolleron nin o 2% do previsto. Aliás, Hungría e Polonia negáronse a acoller persoas refuxiadas, no medio do auxe de forzas xenófobas de extrema-dereita que estenderon o discurso do medo e o rexeitamento cara ás persoas refuxiadas, baseado no argumento do temor ao terrorismo.

[Podes ler a análise íntegra no número 266 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios