O Estado español só acolleu 7,5% de persoas refuxiadas que prometera

Só fican 94 días para que remate o prazo e o Goberno central tan só promoveu a acollida de 1.304 refuxiadas e refuxiados das 17.337 que deberían ter chegado ao Estado español.

[Imaxe: Sara Creta/MSF] Resgate de refuxiadas no Mediterráneo
photo_camera [Imaxe: Sara Creta/MSF] Resgate de refuxiadas no Mediterráneo

Nos próximos 94 días, o Estado español debería acoller 16.033 refuxiadas e refuxiados para cumprir o compromiso de facilitarlles a entrada a 17.337 persoas. E é que, de momento, tan só chegaron ao Estado español 1.304 refuxiadas e refuxiados, é dicir, só 7,5% do total comprometido coa Unión Europea.

Para o lembrar, a ONG Save The Children instalou o sábado en Madrid un contador electrónico para lle lembrar ao Goberno de Mariano Rajoy a cifra vergoñenta.

Save The Children ve nos ridículos números “falta de vontade política” e asegura que o Goberno do PP non quere “cumprir o seu compromiso”. Así, advirte de que tanto as comunidades autónomas como os concellos contas cos recursos e coa vontade para a acollida destas milleiros de persoas, mais culpan o Goberno central de “limitar” a entrada.

Comentarios